Videos na canle de Youtube da semana de actividades homenaxe ao Teatro Estudio.

Có gaio da presentación do libro que recolle a actividade teatral do Teatro Estudio de Ferrol con ampla información sobre a súa traxectoria, o Ateneo Ferrolán, o Club de Prensa de Ferrol e a Asociación Cultural Fuco Buxán, organizan, coordinan e participan nunha semana de actividades como homenaxe ao grupo teatral activo na cidade durante a década dos anos sesenta. Da importancia e do alcance que tivo o Teatro Estudio daremos cumprida información durante unha semana para termos referentes teatrais e culturais da sociedade ferrolá cun programa que pretende profundar na nosa historiografía teatral. 

Día 5. Actuación musical e Homenaxe ao Teatro Estudio coa Proxección da película "As Muletas". Escrita e dirixida por Eduardo Alonso e rodada en Ferrol coa participación do Teatro Estudio. Visualización vídeo



 Día 4. Presentación do libro "Teatro Estudio de Ferrol" de Francisco Oti Presenta: Carlos Caetano Biscainho Fernandes (Doutor en Filoloxía Galego-Portuguesa, é profesor titular na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña; Coordinador da equipa investigadora do proxecto: Recuperación do Patrimonio Teatral de Galiza 1936-1973). Interveñen: Eduardo Alonso Rodríguez (Director e autor teatral) e Francisco Oti Ríos (Dramaturgo e Autor do libro).

Visulizar vídeo 

 Día 3.Teatro e acción cultural. Interveñen: Xabier Montero Dongil (Polo Ateneo Ferrolán), Helga Méndez (Pola asociación Cultural Fuco Buxán), Gonzalo Rodríguez (Pola Asociación de Amigos do Teatro Jofre), Luciano Fernández Vicente (Director Técnico do Padroado da Cultura do Concello de Narón) e Inma Antonio Souto (Pola Academia Galega de Teatro) Visualizar vídeo

 Dia 2.  Teatro Estudio, Prensa e Crítica. Presenta: Francisco Oti Ríos Interveñen: Xulia Díaz Sixto (Xornalista e Presidenta do Club de Prensa de Ferrol), Rafael Permuy (Xornalista e crítico teatral), Ricardo Sandoval (Xornalista e crítico teatral). Visualizar vídeo



Día 1. O Teatro no Ensino,algunhas experiencias en Ferrol. Presenta: Fer Ocampo Interveñen: José Antonio Ponte Far (Concelleiro de Cultura do Excmo. Concello de Ferrol), Mª do Pilar Patiño (Organizadora de Teatro con “G” da Coordinadora de Equipas de Normalización lingüística de Ferrolterra), Belén Roca (Coordinadora teatral do Instituto Concepción Arenal), Ánxeles Seoane (Profesora de Lingua Española e literatura do Instituto Concepción Arenal e Directora artística de Teatro Estudio “Xente Nova” entre 1991 e 2006)Visualizar vídeo


 

 

 


 

Comentarios