Buscar neste blog

30 marzo 2008

Abril-Maio: Ciclo “A Literatura e o Cine”

As proxeccións serán os martes ás 19:00hs. no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán, e a entrada é de balde.


1 de Abril LA ISLA DEL TESORO, Aventuras. Piratas
AUTOR ROBERT LOUIS STEVENSON
  • TITULO ORIGINAL Treasure Island
  • ANO 1934 DURACIÓN 105 min.
  • DIRECTOR Victor Fleming
  • GUIÓN John Lee Mahin (Novela: Robert Louis Stevenson)
  • MÚSICA Herbert Stothart
  • FOTOGRAFÍA Harold Rosson, Ray June, Clyde De Vinna (B&W)
  • REPARTO Jackie Cooper, Wallace Beery, Lewis Stone, Lionel Barrymore, Otto Kruger, Nigel Bruce, Charles McNaughton, Douglass Dumbrille, Charles Sale, Dorothy Peterson
  • SINOPSE Jim Hawkins é un mozo inglés que traballa na posada dos seus pais, Almirante Bembow, situada nun pobo costeiro inglés. Un día chega ao establecimento un vello bucanero chamado Billy Bones, que trae consigo un cofre co mapa de “La isla del Tesoro”. En él revelase o paradeiro das formidables riquezas acumuladas polo Capitán Flint. Os piratas da tripulación de Flint, entre eles Perro Negro, están buscando a Billy Bones para arrebatarlle o mapa e poder atopar o tesouro. Pero antes de conseguilo o mozo Jim, aproveitando que Billy Bones morre, roba o cofre e escapa. Deciden entón ir en busca do tesouro.

8 de Abril EL TERCER HOMBRE, Intriga. Drama
AUTOR GRAHAM GREENE
  • ANO 1949 DURACIÓN 93 min
  • DIRECTOR Carol Reed
  • GUIÓN Graham Greene (Novela: Graham Greene)
  • MÚSICA Anton Karas
  • FOTOGRAFÍA Robert Krasker (B&W)
  • REPARTO Joseph Cotten, Alida Valli, Trevor Howard, Orson Welles, Bernard Lee
  • SINOPSE Viena, 1947. O norteamerican Holly Martins, un escritor de novelas policíacas, chega á capital austriaca cando a cidade está dividida en catro zonas ocupadas polos aliados da Segunda Guerra Mundial. Holly chega reclamado por un amigo da infancia, Harry Lime, que lle prometeu traballo. Pero o mesmo día da súa chegada coincide co enterro de Harry, quen foi atropelado por un coche. O xefe da policía militar británica lle insinúa que o seu amigo se había mezclado na trama do mercado negro.

15 de Abril ADIÓS A LAS ARMAS, Melodrama. I Guerra Mundial
AUTOR ERNEST HEMINGWAY
  • TITULO ORIGINAL A Farewell to Arms
  • ANO 1957 DURACIÓN 152 min
  • DIRECTOR Charles Vidor
  • GUIÓN Ben Hecht (Novela: Ernest Hemingway)
  • MÚSICA Mario Nascimbene
  • FOTOGRAFÍA Piero Portalupi & Oswald Morris
  • REPARTO Rock Hudson, Jennifer Jones, Vittorio De Sica, Alberto Sordi, Mercedes McCambridge, Elaine Stritch, Victor Francen, Oscar Homolka
  • SINOPSE Europa vive os dramáticos momentos da PrimeIra Guerra Mundial. Un periodista estadounidense se alista como voluntario, antes de que o seu país entrara na contienda, no Corpo de Ambulancias italiano, para poder seguir de cerca os acontecementos.

22 de Abril MUCHO RUIDO Y POCAS NUECES, Comedia
AUTOR W. SHAKESPEARE
  • ANO 1993 DURACIÓN 110 min.
  • DIRECTOR Kenneth Branagh
  • GUIÓN TEATRO William Shakespeare
  • MÚSICA Patrick Doyle
  • FOTOGRAFÍA Roger Lanser
  • REPARTO Emma Thompson, Kenneth Branagh, Michael Keaton, Denzel Washington, Keanu Reeves, Robert Sean Leonard, Kate Beckinsale, Phyllida Law, Imelda Staunton, Brian Blessed.
  • SINOPSE Don Pedro de Aragón regresa victorioso dunha batalla acompañado do seu irmán don Juan y de Claudio, un mozo florentino que foi cuberto de honores pola súa actuación na contenda. Tras recalar na facenda de Leonardo, un lugar sosegado e paradisiaco da campiña italiana, Claudio namorase de Hero, filla do anfitrión.

29 de Abril FAHRENHEIT 451, Ciencia-ficción
AUTOR RAY BRADBURY
  • ANO 1966 DURACIÓN 98 min
  • DIRECTOR François Truffaut
  • GUIÓN François Truffaut & Jean-Louis Richard (Novela: Ray Bradbury)
  • MÚSICA Bernard Herrmann
  • FOTOGRAFÍA Nicolas Roeg
  • REPARTO Julie Christie, Oskar Werner, Cyril Cusack, Anton Diffring, Jeremy Spenser, Alex Scott
  • SINOPSE Fahrenheit 451 é a temperatura á que arde o papel dos libros. Guy Montag, un disciplinado bombeiro encargado de queimar os libros prohibidos polo goberno, coñece a unha revolucionaria mestra que atrevese a leer. De pronto, atópase transformado nun fuxitivo, obrigado a escoller non so entre dúas mulleres, senón entre a súa seguridade personal e a súa liberdade intelectual.

6 de Maio EL CARTERO SIEMPRE LLAMA DOS VECES, Cine negro. Intriga
AUTOR JAMES M. CAIN
  • ANO 1946 DURACIÓN 113 min.
  • DIRECTOR Tay Garnett
  • GUIÓN Harry Ruskin & Niven Busch (Novela: James Cain)
  • MÚSICA George Bassman
  • FOTOGRAFÍA Sidney Wagner (B&W)
  • REPARTO Lana Turner, John Garfield, Cecil Kellaway, Hume Cronyn, Leon Ames, Audrey Totter, Alan Reed
  • SINOPSE Durante a Gran Depresión Frank Chambers, un home sen rumbo, comeza a traballar nun café de carretera, rexentado por un home maior e por Cora, a súa nova e infeliz esposa.

13 de Maio LA LENGUA DE LAS MARIPOSAS
AUTOR MANUEL RIVAS
  • ANO 1999.
  • DIRECTOR José Luis Cuerda.
  • GUIÓN Rafael Azcona, José Luis Cuerda y Manuel Rivas
  • MÚSICA Alejando Amenábar.
  • REPARTO Fernando Fernán-Gómez (Don Gregorio), Manuel Lozano (Moncho "Gorrión"), Uxía Blanco, Gonzalo Martín Uriarte, Alexis de los Santos, Guillermo Toledo, Elena Fernández.
  • SINOPSE Gorrión pensará algún día: "Nunca vin os estambres do lirio, pero vin os ollos mortos dun home que aínda vivía cando subiu a un camión cuxo destino de cunetas apartadas e nucas amoratadas de pólvora non se lle escapaba. Nunca vin os cristais de neve pero sí que vin a un home morrer antes de que o seu corazón o soupera, morrer ao serlle arrebatada a liberdade. Nunca vin a lingua das bolboretas pero sí escoitei a linguaxe daquel home: un soñador, un símbolo, unha idea, un mestre, un máis... un menos".

20 de Maio LA VERDAD SOBRE EL CASO SAVOLTA, Drama político
AUTOR EDUARDO MENDOZA
  • ANO 1978 DURACIÓN 130 min.
  • DIRECTOR Antonio Drove
  • GUIÓN Antonio Drove & Antonio Larreta (Novela: Eduardo Mendoza)
  • MÚSICA Egisto Macchi
  • FOTOGRAFÍA Gilberto Azevedo
  • REPARTO José Luis López Vázquez, Ovidi Montllor, Omero Antonutti, Charles Denner, Stefania Sandrelli.
  • SINOPSE Barcelona entre os anos 1917 e 1923. As loitas entre os traballadores anarquistas e os donos da fábrica de armas Savolta agravanse cando éstos queren aplastar o movemento con asesinos pagados e intrigas, para así ocultar os seus comercios ilegais con Alemania.

27 de Maio EL DIARIO DE NOA
AUTOR NICHOLAS SPARKS.
  • ANO 2004 DURACIÓN 124 min.
  • DIRECTOR Nick Cassavetes
  • GUIÓN Jeremy Leven y Jan Sardi; basado en la novela de Nicholas Sparks.
  • PRODUCCIÓN Mark Johnson y Lynn Harris.
  • MÚSICA Aaron Zigman.
  • FOTOGRAFÍA Robert Fraisse.
  • REPARTO Ryan Gosling (Noa Calhoun), Rachel McAdams (Allie Hamilton), James Garner (Duke), Gena Rowlands (Allie Calhoun), James Marsden (Lon), Kevin Connolly (Fin), David Thornton (John Hamilton), Jamie Anne Brown (Martha Shaw), Heather Wahlquist (Sara Tuffington), Sam Shepard (Frank Calhoun), Joan Allen (Anne Hamilton).
  • SINOPSE Estamos nos anos corenta. Unha moza vai á cidade costeira de Seabrook (Carolina do Norte) para pasar o veran coa súa familia. Allie Hamilton (Rachel McAdams), aínda adolescente, coñece a un chico local, Noah Calhoun (Ryan Gosling), na feira. Nada máis vela, Noah sabe que él e Allie están destinados a vivir xuntos. Aínda que ela é dunha familia adinerada e él é un pobre traballador de fábrica, ao longo dun apaixoado veran sureño os dous namoranse profundamente. As circunstancias -e o repentino estalido da Segunda Guerra Mundial- lles separan, pero ambos conservan viva a lembranza do outro. Cuando anos despois Noah regresa da guerra, Allie saíu irrevocablemente da súa vida pero non do seu corazón.

25 marzo 2008

Camiñando rebeldías


O mércores día 26 de Marzo ás 19,30 horas no Ateneo Ferrolán, hai unha charla acompañada da proxección do documental que recolle a última caravana de Paia@S en Rebeldía a territorio autónomo zapatista. Empregando este material como medio de difusión e concienciación cunha realidade indíxena que constrúe o seu cotiá acompañada da sombra permanente da presión paramilitar e militar.

O contido da charlas, sempre dende un enfoque pedagóxico-social, abrangue: dunha banda, a realidade zapatista, especialmente no relacionado co seu proceso de autonomía, así como coa construcción dun propio sistema educativo respectuoso coas súas culturas, tradicións e linguas indíxenas; e doutra, a labor que, dende Pallas@s en Rebeldía, se ven desenvolvendo nos últimos anos, como entidade co - finanzadora de proxectos de desenvolvemento comunitario (radios comunitarias, proxecto educativo “Semillitas del Sol”…) e como impulsadora da primeira escola de pallas@s indíxenas en territorio rebelde zapatista.

Esta charla é a presentación dunha mostra fotográfica “Camiñando rebeldías”, da autoría de Lorena Garel Ventureira, membro de Pallas@s en Rebeldía, que será exposta no Ateneo Ferrolán dende o día 1 ao 7 de Abril.

Mais Info en: www.pallasosenrebeldia.org

24 marzo 2008

Abril solidario co Ateneo Ferrolán

Abril solidario, merca unha rifa e colabora co Ateneo!!!

Sábado 26 de abril, Festa solidaria co Ateneo Ferrolán.
Sesion Vermu a partir das 12 da mañá.

Colaboracion Solidaria co Ateneo Ferrolán 1€ por rifa.
Sorteo de 1 lote cultural en combinación co sorteo da ONCE do venres 25 de abril.

Colabora co Ateneo Ferrolán!!!

XVIII Certame Fotográfico "Medio Ambiente"


Xa están as bases para o XVIII Certame Fotográfico "Medio Ambiente" que realiza o Ateneo Ferrolán, con motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DE MEDIO AMBIENTE.

Descarga as Bases AQUÍ

14 marzo 2008

O Ateneo Colabora no V Conspirando por unha Radio Libre

Mais info en:


Presentación dun novo Libro do Círculo Racinguista

O Círculo Racinguista presentará un novo libro o próximo luns día 17 ás 20:00 horas no Ateneo Ferrolán.
O libro titulase "A temporada do Futbol Galego 2006/07" do que son autores Carlos Castro e Manuel Rendueles.
O libro está editado por Zerumuga, e recolle de xeito exaustivo o que deu de si a pasada campaña futbolística en Galicia dende o punto de vista estadístico.
O acto será introducido por Jorge Deza presidente do Círculo Racinguista.

A entrada é libre.

13 marzo 2008

Bases e Partitura obrigada para o XVIII Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”


BASES e a PEZA OBRIGADA
XVIII Concurso de Gaita Galega
“Constantino Bellón”
Ano 2008 a celebrar os día 30 e 31 de agosto
no TEATRO JOFRE de FERROL.

MEMORIA

O "Constantino Bellón" foi creado polo Ateneo Ferrolán, no ano 91, para servir como unha plataforma de expresión e presentación de novas pezas e autores, e para axudar a manter e potencia-la nosa música tradicional de gaita galega. Isto, fixémolo baix
o a figura dun concurso de composición e interpretación de gaita que pretende mante-lo xeito de toca-la GAITA GALEGA con xiros e técnicas propiamente galegos.

Dentro desa liña, quixemos imprimirlle unhas características propias e coherentes cos seus obxectivos. Así, o "Constantino Bellón" é coñecido polo estricto das súas Bases, que están a convertelo na plataforma máis representativa e garante da nosa música de gaita. Outras das características de seu, son o propio nome e o logotipo do Concur
so, realizado cun dos debuxos máis representativos do pintor Luís Seoane, coa tradicional figura do gaiteiro galego que vai impresa en toda a publicidade, así como nunha peza de cerámica, elaborada por Sargadelos e que se entrega a tódolos gaiteiros finalistas e ás entidades colaboradoras.

Entendiamos que o "Constantino Bellón" debería de xogar un pa
pel representativo de Ferrol polo que, as súas edicións veñen a realizarse, dun xeito ininterrompido, o día 31 de agosto, como data significativa na nosa cidade.

No apartado de colaboracións conseguimos as máis representativas, como poden ser as das institucións públicas: Concello de Ferrol, Deputación Provincial e Xunta de Galicia, complementadas a nivel privado coa participación de Sargadelos, co seu significado de industria comprometida na defensa da cultura galega.


Dende a 6ª edición, no ano 96, introduciuse unha variación moi importante como é a participación de catro gaiteiros das Comunidades Galegas do Exterior. Esta novidade foi posible gracias á aportación da Secretaría Xeral de Emigración que financia os gastos derivados da participación dos mesmos. Neste senso, engadiuse como Punto nº 5 das Bases do "Constantino Bellón", o Premio “Gaiteiro de Soutelo”, acadando co mesmo unha presenza en todo o mundo galego, por medio dos envíos de publicidade e gravacións do mesmo, a tódolos centros galegos do país e da diáspora.


Tamén, e dende o ano 2004 engadiuse o Punto nº 9 das Bases do "Constantino Bellón") o Concurso de Composición para Gaita Galega Solista. Evento ao que lle dedicamos un día máis na celebración o día 30 de agosto.

Como referencia, adiantar que a día de hoxe, recen celebrado o 17º Concurso, témo-la edición das dezasete finais, en formatos de longa duración, audio e disco compacto. e nas dúas últimas gravacións contamos coa edición do Premio de Composición.


Por último dicir que, temos como obxectivo a publicación dun libro que recolla un TRABALLO DE INVESTIGACIÓN que terá tres apartados relacionados coa música de gaita: HISTORIA E EVOLUCIÓN DA GAITA, AFINACIÓN DA GAITA e un terceiro sobre A PALLETA E O RONCÓN.

BASES

1.- Poderán tomar parte tódolos gaiteiros que o desexen. As gaitas poderán estar afinadas en calquera tonalidade. A interpretación será sen acompañamento.

2.- REQUISITOS.
  • 2.1) Os concursantes deberán enviar ó Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202-204, 1º. Ferrol) un CD gravado coa peza,Olavide, de Daniel Bellón facendo constar na mesma o pseudónimo adoptado.
  • 2.2) A partitura orixinal dunha peza inédita composta expresamente para este Concurso e unha copia da partitura da peza tradicional ou de autor.
3.- PLICAS.
  • 3.1) Os concursantes deberán enviar o CD nun sobre pechado identificado co pseudónimo adoptado. Este sobre deberá incluírse noutro, co mesmo pseudónimo no exterior e acompañado da seguinte documentación: partituras -orixinal e tradicional-, así como os seus datos persoais: nome, apelidos, enderezo e teléfono.
  • 3.2) A non cumprimentación dos anteriores requisitos é excluínte da selección para o concurso.
4.- As partituras ficarán en propiedade do Ateneo Ferrolán.

5.- Co obxectivo de promociona-la participación da Galicia do exterior créase un apartado específico, dirixido ós gaiteiros das comunidades galegas da emigración, chamado “Gaiteiro de Soutelo”.
  • a.- Co gallo de promociona-la participación da Galicia do exterior no Concurso “Constantino Bellón”, a Consellería da Emigración convoca o Premio “Gaiteiro de Soutelo”.
  • b.- Poderán participar tódolos gaiteiros dos centros galegos ou institucións da Galicia do Exterior.
  • c.- Os concursantes deberán enviar á Consellería da Emigración:
  • 1) Un CD gravado coa peza Olavide, de Daniel Bellón, facendo constar na mesma o pseudónimo adoptado.
  • 2) Partitura orixinal dunha peza de composición inédita, creada expresamentepara este Premio, así como copia doutra tradicional ou de autor.
  • d.- PLICAS.
    Os concursantes enviarán o CD nun sobre pechado cun pseudónimo identificador. Conxuntamente, noutro sobre escrito por fora co mesmo pseudónimo, deberán facer consta-los datos persoais do participante: nome e apelidos, enderezo, país de residencia e nome do centro ou institución galega pola cal se presenta. No mesmo deberán incluílo orixinal da partitura inédita presentada ó Premio “Gaiteiro de Soutelo”, e máis a copia da tradicional ou de autor.
  • e.- PRAZO. O prazo de presentación remata o 13 de xuño do 2008.
  • f.- PREMIOS. Os premios “Gaiteiro de Soutelo” consistirán na asistencia e participación, cos gastos de desprazamento e estadía pagados, ó concurso “Constantino Bellón”, que organiza o Ateneo Ferrolán o 31 de agosto do 2008, na cidade de Ferrol (Galicia).
  • g.- Coa intención de estimular e recompensar a dedicación e amor pola música e cultura galega na diáspora, o Obradoiro de Gaitas Seivane crea o ‘Premio Seivane’. Poderá optar a el calquera gaiteiro incluído no Premio Gaiteiro de Soutelo. Consistirá nunha gaita feita e personalizada especialmente para esta edición do Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”. Será concedido aquel concursante que, a xuízo do xurado, mellor defina, tanto na súa presenza como na súa interpretación, a imaxe tradicional do gaiteiro.
6.- Na final actuarán, como máximo, un total de catorce gaiteiros repartidos do seguinte xeito:
  • Dez finalistas seleccionados polas gravacións presentadas directamente ó Ateneo Ferrolán, tal e como se contempla nestas BASES.
  • Catro finalistas seleccionados segundo se especifica no Premio “Gaiteiro de Soutelo”.
Tódolos finalistas vestirán obrigatoriamente o traxe tradicional galego, o cal terase en conta por parte do Xurado.

7.- A interpretación no Concurso constará de:
  • 7.1) Unha peza inédita, creada expresamente para a presente edición do Concurso "Constantino Bellón", e máis da peza tradicional ou de autor.
  • 7.2) O tempo máximo do que disporá o intérprete para a afinación da gaita e a interpretación de ámbalas dúas pezas será de 6 minutos, computados, sen pausa, dende a primeira nota escoitada, ata a última.
Tódolos finalistas recibirán unha peza de cerámica deseñada por Sargadelos, baseada nun óleo de Luís Seoane, cedido expresamente pola súa viúva Maruxa Seoane, para este concurso, e un Diploma acreditativo da súa participación no Concurso.

8.- A dotación do Premio será de 3000 € con dous accésit de 1000 €.

9.- Concurso de composición para Gaita Galega Solista.
  • 9.1) Poderán tomar parte todos os compositores que o desexen.
  • 9.2) É obxecto deste concurso premiar a mellor partitura escrita para Gaita Galega Solista acompañada ou non, dun conxunto instrumental composto por un tope máximo de 40 instrumentos.
  • 9.3) A composición ten que ser inédita, non ter sido estreada, nin haber sido premiada anteriormente en ningún outro concurso, nin haber sido obxecto de ningún encargo previo. Terá unha duración mínima aprox. de 5 min. e máxima de 12 min.
  • 9.4) Os traballos presentaranse en dous formatos: a partitura orixnal impresa en papel; e, a mesma partitura, en soporte informático, axuntando copia do programa no que estea configurada (agás Encore ou Finale) ao enderezo do Ateneo Ferrolán.
  • 9.5) Este traballo virá nun sobre pechado identificado co pseudónimo adoptado. Neste sobre deberá incluírse outro co mesmo pseudónimo no exterior e cos seguintes datos persoais no interior: nome, apelidos, enderezo e teléfono.
  • 9.6) O prazo de presentación das partituras rematará o día 30 de maio de 2008.
  • 9.7) A dotación do premio será de 2000 €.
  • 9.8) O premio poderá ser declarado deserto.
10.- O Xurado cualificador valorará o emprego de xiros e técnicas propiamente galegos por parte dos finalistas e a súa decisión será inapelable.

11.- Como remate do Concurso, os finalistas interpretarán conxuntamente a peza obrigatoria. Para ilo, deberán traer unha gaita en DO, afinada a 440 Hz.

12.- O Ateneo Ferrolán patrocinará unha gravación do Concurso coa edición do mesmo en formato de disco compacto.

13.- O Prazo de inscrición remata o 13 de xuño do 2008.

14.- A final terá lugar na cidade de Ferrol o día 31 de Agosto do 2008.

15.- Aqueles casos non contemplados nestes artigos serán decididos a criterio do Xurado. A participación no Concurso implica a total aceptación destas BASES.

Mención honorífica de Gaita Galega “Constantino Bellón”
  • O Ateneo Ferrolán, en liña coa súa defensa e promoción das artes, na súa faceta de música, coincidindo co Concurso de Gaita “Constantino Bellón”, Crea unha mención honorífica, dirixida a aquelas persoas ou entidades que destacaron polo seu traballo a prol da música galega.
Gaita de Ouro “Constantino Bellón”
  • 1.- Este Premio outorgase tódolos anos, por parte do Ateneo Ferrolán, coincidindo coa celebración do Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”.
  • 2.- Para a nominación de Mencións, o Ateneo Ferrolán solicitará do Xurado do Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón” a súa opinión que se reflexará nunha terna de candidatos a valorar, quedando a nominación e concesión final baixo os criterios do Ateneo Ferrolán.
  • 3.- A presente Mención será de carácter honorífico e non económico, non estando suxeita a ningún tipo de compromiso por ámbalas dúas partes, a non se-lo propio e moral que conleva o recoñecemento público da labor efectuada polos galardoados .

05 marzo 2008

Xá temos wifi no Ateneo


Informamos a tod@s @s usuari@s das dependencias da nosa entidade que dende hoxe contan con servizo WIFI.

Que é a WIFI?
No uso moderno, wireless referese a comunicación sen cabos ou fios e usa principalmente frecuencia de radio e ondas infra-vermellas. Por exemplo, internet sen fio ou Wlan.

O funcionamento do 'Wi-Fi' é simple. Para ter aceso á Internet a través dunha rede Wi-Fi ( tamén coñecida como Wlan) debese estar no radio de acción dun ponto de aceso (normalmente coñecido por hotspot) ou lugar público onde opere unha rede sen fios e usar un dispositivo mobil, como un computador portátil, un Tablet PC ou un asistente persoal dixital con capacidades de comunicación Wireless.

Mais Info. na Wikipedia.

03 marzo 2008

8 de Marzo. Día Internacional das Mulleres

Nin un paso atrás!
As mulleres non podemos perder dereitos

Levamos un longo camiño andado desde que en 1910 se acordaba na Conferencia Internacional Socialista de Mulleres, celebrada en Copenhague, sinalar o 8 de Marzo como un día de mobilización e loita polos dereitos das mulleres. A nosa sociedade ten avanzado cara onde soñaban as mulleres que viviron a Segunda República, e como nin chegaron a imaxinar as que tiveron que sobrevivir á dictadura franquista. Con todo, sabemos que nos queda moito por camiñar. Tamén sabemos que o que temos conquistado até agora pode sernos arrebatado por intereses políticos, económicos ou relixiosos. Isto é o que sucedeu nas últimas décadas en paises como Afganistam, Iraq, Nicaragua, Exipto, EEUU ou Polonia. Isto é o que pretenden as forzas reaccionarias representadas pola Conferencia Episcopal e a cúpula do Partido Popular.

Asistimos, nestes últimos meses, a un discurso ameazador que relaciona un suposto caos social coa liberdade das mulleres, co noso estatus de cidadás en igualdade e cos dereitos conseguidos até agora. E dos discursos preténdese pasar aos feitos. Así xa se fixo, abrindo procesos xudiciais a mulleres que se acolleron á Lei do Aborto, demostrándonos que esta lei é insuficiente para protexer e garantir o noso dereito a decicir, e nos deixa desprotexidas ante a reacción machista. Políticos conservadores, para a nosa intranquilidade, aseguran que se gañan as eleccións van facer cumprir a Lei do Aborto. E dicer, haberá máis mulleres enxuiciadas, máis clínicas fechadas e máis obxección de conciencia na sanidade pública. Os discursos non paran aí. Fálase do divorcio como un mal da nosa sociedade e descúlpase a violencia machista por falta de paciencia e capacidade de sacrificio das mulleres.

Para o noso asombro, estes políticos, coreados pola Conferencia Episcopal, falan de negar os dereitos humanos, o dereito á igualdade, a lesbianas e gais, intentando impoñer un modelo único de familia. Ademais, o racismo tinxe este discurso que pretende que recuperemos o medo á liberdade de épocas escuras, de exclusión e sufrimento para as mulleres. A situación é grave porque falamos da institución relixiosa con máis poder no noso país e dunha forza política maioritaria.

A Marcha Mundial das Mulleres recolle moitos anos de experiencia de loita feminista de todas partes do planeta. É por iso que sabemos que cando soan tambores anunciando pasos atrás, retrocesos na conquista dos nosos dereitos, o mellor xeito de facerlles fronte é a denuncia, a organización e a mobilización. Este 8 de Marzo estaremos presentando autoinculpacións de ter abortado nos xulgados das sete cidades galegas. Facémolo para mostrar a nosa solidariedade coas mulleres enxuizadas, para denunciar unha lei que non garante o noso dereito a decidir. Estaremos organizando, ao longo da xeografía galega, actos de denuncia e toma de conciencia, do que nos xogamos se nos arrebatan o que levamos conseguido. Estaremos visibeis, ocupando os espazos públicos. Estaremos unidas ao resto das mulleres do planeta que senten a necesidade de cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, e que hai que cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo.

Están programadas concentracións e actos en toda Galiza, nas sete cidades entregaran-se autoinculpacións nos diferentes xulgados.
  • Concentración en Ferrol e entrega de autoinculpacións nos xulgados, na Rúa Coruña ás 12 do mediodía.
  • Feira Feminista, no Pavillón da Mocidade [A Gándara] en Narón, de 18:00 a 21:00 hrs. Libros, Música, Poesia, Arte, Artesania, ...