Buscar neste blog

25 marzo 2008

Camiñando rebeldías


O mércores día 26 de Marzo ás 19,30 horas no Ateneo Ferrolán, hai unha charla acompañada da proxección do documental que recolle a última caravana de Paia@S en Rebeldía a territorio autónomo zapatista. Empregando este material como medio de difusión e concienciación cunha realidade indíxena que constrúe o seu cotiá acompañada da sombra permanente da presión paramilitar e militar.

O contido da charlas, sempre dende un enfoque pedagóxico-social, abrangue: dunha banda, a realidade zapatista, especialmente no relacionado co seu proceso de autonomía, así como coa construcción dun propio sistema educativo respectuoso coas súas culturas, tradicións e linguas indíxenas; e doutra, a labor que, dende Pallas@s en Rebeldía, se ven desenvolvendo nos últimos anos, como entidade co - finanzadora de proxectos de desenvolvemento comunitario (radios comunitarias, proxecto educativo “Semillitas del Sol”…) e como impulsadora da primeira escola de pallas@s indíxenas en territorio rebelde zapatista.

Esta charla é a presentación dunha mostra fotográfica “Camiñando rebeldías”, da autoría de Lorena Garel Ventureira, membro de Pallas@s en Rebeldía, que será exposta no Ateneo Ferrolán dende o día 1 ao 7 de Abril.

Mais Info en: www.pallasosenrebeldia.org

Ningún comentario: