Revista ATENEA


 A revista cuatrimestral ATENEA comezou a publicarse o día 1 de outubro de 1999. A publicación da revista ten unha tirada de 1.000 exemplares distribuíndose de forma gratuíta: a soci@s desta entidade, a Centros de Ensino, Culturais, Bibliotecas e Centros de especial interese de Galiza e resto da península.

Está a converterse, logo de moitas dificultades, nun referente no mundo das publicacións en galego pola gran calidade dos seus colaboradores, ocupándose dalgúns dos temas clave da sociedade, a política, a historia, o medio ambiente as artes, ..... A «segunda época» iníciase no número 36 en xaneiro de 2010, que en principio, sae co contido e liña temática moi similares á primeira etapa, pero cun cambio no seu deseño, grazas á colaboración dos seus enmaquetadores.

O obxectivo nesta nova fase é primar o carácter cultural desta «revista de ideas».

A Revista ATENEA procura ofrecer, en cada número, unha miscelánea de colaboracións rigorosas e atentas aos temas do noso tempo, para elo conta coa colaboración de autores e autoras de Galicia e do resto da península, cunha especial atención a todo o concernente á cultura en galego, que sempre estivo presente na tribuna do Ateneo onde, por riba de todo, se divulgan todas as inquietudes intelectuais do noso país e danse a coñecer as primicias de novas correntes artísticas e literarias.

Ateneo Ferrolán mantense fiel ao seu lema: “Un lugar de encontro para a cultura”. Un lugar para a curiosidade que é o motor da creatividade e da ciencia.

Na actualidade a revista edítase en formato dixital e podes consultala no noso repositorio dixital: https://archive.org/details/atenea

1 comentarios :

Anónimo dixo...

Se sabe cuando saldrá el número de poesía visual?

Related Posts with Thumbnails