A exposición consta dunha selección realizada polo xurado, de 50 fotografías enmarcadas, coas que se realiza unha mostra itinerante e que participa no “Outono Fotográfico” en Ourense, a partir da inauguración e exposición que ten lugar no Ateneo Ferrolán, sempre o día 5 de xuño, onde dáse a coñecer o fallo e concédense os premios que consisten en:
- 900 € - 1º PREMIO
- 300 € - 2º PREMIO
- 150 € - 3º PREMIO
Premiados en anteriores edición.
Ano 2002.
- 3º PREMIO: “PAISAJE II” de Fernando Galindo Tormo – (Cieza-Murcia)
- 2º PREMIO: “NAMIBIA” de Alberto Porres Viñes- (Tarragona)
- 1º PREMIO: “MIÑO” de Rodrigo Rodríguez Ferrandiz – (Denia-Alicante)
Mencións Especiais do Xurado (Finalistas):
- “PLANETA” de Gabriel Tizón - (Ferrol)
- “NIEBLA” de Rodrigo Rodríguez Ferrandiz – (Denia-Alicante)
Ano 2003.
- 3º PREMIO: “EL ÁRBOL Y SU PESADILLA” de Stephane Lutier – (A Coruña)
- 2º PREMIO: “NIEBLA” de José Manuel Maiquez Mijares - (La línez de la Concepción - Cádiz)
- 1º PREMIO: “LOS MÁS MONOS” de Alberto Porres Viñes – (Tarragona)
Mencións Especiais do Xurado (Finalistas):
- “LA SOLEDAD DEL VOLUNTARIO” de Gabriel Tizón – (Ferrol)
- “INCA HUASI” de José Alberto Mateo Aznar - (Madrid)
Ano 2004.
- 3º PREMIO: “EL BOSQUE” de Jose M. Maiquez Mijares – (La Línea de la Concepción – Cádiz)
- 2º PREMIO: Descualificado incumprimento das bases - Deserto
- 1º PREMIO: “OTOÑAL”de Luis A. Gil Pellin de Valencia
- 3º PREMIO: “SOBRE LO IMPOSIBLE” de Antonio Jesús Pérez – (Sevilla)
- 2º PREMIO: “PARAÍSOS VÍRGENES” de José Francisco Nieto – (Narón)
- 1º PREMIO: “SEN TÍTULO II”de Oscar Carrasco Ragel – (Algeciras)
- 3º PREMIO: “CORES AGRESIVAS” de Kiko Arcas García (Vigo)
- 2º PREMIO: “NÉBOA CON FAROLA” de Asier Castro de la Fuente (Bilbao)
- 1º PREMIO: “ARDE GALICIA” de Gabriel Tizón (Ferrol)
Mencións Especiais do Xurado (Finalistas):
- “ISLA DEL RÍO” de Gabriel Tizón
- “NÉBOA PRIMAVERAL” de Asier Castro de la Fuente
- “PINOS AL ANOCHECER” de Victor Rivera Jove
- “COLOR DE OTOÑO” de Martín Debén Sánchez
Ano 2007.
- 3º PREMIO: “VERTEDEROS INCONTROLADOS” de Jorge Meis – (Ferrol)
- 2º PREMIO: “EN LAS MONTAÑAS DE YEMEN” de Alberto Porres Viñes – (Tarragona)
- 1º PREMIO: “ERIZO DE MAR” de Víctor Rivera Jove – (Ferrol)
- 3º PREMIO: “ABATIDO AGONIZA” de Antonio J. Fernández Marín – (Valdoviño)
- 2º PREMIO: “CAMPIÑA INGLESA” de José F. Rodríguez Nieto – (Narón)
- 1º PREMIO: “EN LA INMENSIDAD” de Alberto Porres Viñez – (Tarragona)
- Ano 2009
3º PREMIO: “MAR EN CALMA” de PERE FONT RUIZ (Olot – Girona)2º PREMIO: “NATURALEZA HOLLADA” de JOSE MEIS MEAÑO (Abegondo – A Coruña)1º PREMIO: “TRATADO DE KIOTO I” de JAVIER ARCENILLAS (Madrid)Así mesmo o Xurado decide conceder:1ª Mención Especial: “PERRO PASTOR” de JAVIER ARCENILLAS (Madrid)2ª Mención Especial: “AZUL Y GRIS” de ANTONIO J. FERNANDEZ MARIN de Valdoviño3ª Mención Especial: “ZORRO” de VICTOR RIVERA JOVE (Ferrol)Ano 20103º PREMIO: “Lume” de JORGE MEIS (Ferrol)2º PREMIO: “Pesca ecológica III” de JOSE LUIS GARCIA GARCIA (Málaga)1º PREMIO: “Contaminación 0,0” de ANTONIO LÓPEZ FERNÁNDEZ (As Pontes–A Coruña)Así mesmo o Xurado decide conceder 5 MENCIÓNS ESPECIAIS querendo destacar o alto nivel acadado nesta edición:Mención Especial: “Lumínica” de RAMÓN VAAMONDE VILAS (Santiago-A Coruña)Mención Especial: “Naturaleza salvaje a la luz de las estrellas” de José Francisco Rodríguez Nieto (Narón- A Coruña)Mención Especial: “Supervivencia” de JOSE MEIS MEAÑO (Abegondo – A Coruña)Mención Especial: “El ojo que te mira no es ojo porque lo miras es ojo porque te ve” de MARIO LLORCA LOUREIRO (Ferrol)Mención Especial: “A TDT chegou ás leiras” de ELVIRA SANJURJO FERNANDEZ (As Pontes-A Coruña)Ano 20113º PREMIO: “DESTERRO III” de SABELA IGLESIAS REVIEJO (Xanceda – A Coruña)2º PREMIO: “VOLVERÁS A LA TIERRA” de MARTÍN DEBÉN SÁNCHEZ (Culleredo – A Coruña)1º PREMIO: “MENOS CONSUMO ... MEJOR FUTURO” de RUBÉN PÉREZ NOVO (Narón – A Coruña)Ano 20123º PREMIO: “Segou” de Jose Luis Garcia García - Málaga2º PREMIO: “Mi rincón” de Victor Rivera Jove - Ferrol1º PREMIO: “Cativerio” de Ana Isabel Pernas Taracido – Cariño (A Coruña)Así mesmo o Xurado decide conceder 3 MENCIÓNS ESPECIAIS querendo destacar o alto nivel acadado nesta edición:“Triunfo de la naturaleza” de Rafael Fernández Rodriguez – Málaga“Estrellas de mar” de Luis Botana Pérez – Ferrol“Paisaxe artificial” de Carlos Cruz Lopez - Ferrol
·Bases·
O concurso fotográfico é para afeccionados e profesionais e rexerase polas seguintes bases:
- TEMA
Estará relacionado coa Ecoloxía nos seus diferentes aspectos (fauna, flora, paisaxe, agresións...). Non se aceptarán a concurso fotografías de pitiños, niños, nin ningunha imaxe que poda implicar sufrimento ou dano dun ser vivo. No caso de imaxes en cativerio, será necesario mencionar dita circunstancia. - PARTICIPANTESEstará aberto a todas as persoas interesadas no tema, sexan afeccionadas ou profesionais da fotografía.
- OBRASCada participante poderá enviar un máximo de TRES fotografías, en branco e negro ou cor, podendo acceder soamente a un dos premios.
Non se admitirán fotografías publicadas ou premiadas noutros concursos. Tampouco se aceptarán colaxes, montaxes, fotografías pintadas nin manipuladas dixitalmente que alteren as imaxes máis alá do que se pode chegar a modificar mediante os procesos de fotografía tradicional.
Os participantes responsabilizaranse así mesmo de que non existan dereitos sobre as imaxes de terceiras persoas, así como de calquera reclamación que poida xurdir sobre as mesmas no que se refire a dereitos de imaxe. Estes dereitos estenderanse a fotografías do autor que teñan unha grande similitude coas presentadas a concurso. - TAMAÑONingunha das fotografías presentadas poderá exceder no seu lado maior de 40 cm., nin este poderá ser inferior a 24 cm. As fotografías deberán presentarse montadas sobre unha cartolina con dous tamaños únicos de 30 x 40 ou 40 x 50 cm.
- PLICASOs participantes indicarán o pseudónimo do autor e o título da fotografía no reverso da cartolina na que deberá montarse cada foto. No interior dun sobre pechado que leve o pseudónimo, figurarán os seus datos persoais: nome, apelidos, NIF, enderezo, teléfono, e-mail e pseudónimo utilizado.
- ENVÍOS
As fotografías enviaranse ao seguinte enderezo:
Ateneo Ferrolán, Rúa Magdalena, 202-204, CP 15402, FERROL (A Coruña)
A organización velará pola correcta conservación das obras presentadas. Aínda así, non se fai responsable de calquera desperfecto que de maneira involuntaria poidan padecer as fotografías. - PRAZOO prazo de admisión remata o .........
- XURADOO xurado estará formado por TRES persoas cualificadas no campo da fotografía. A secretaría recaerá nun representante do Ateneo Ferrolán. A decisión do xurado será inapelable e darase a coñecer no acto de inauguración da Exposición, coincidindo coa celebración do DÍA MUNDIAL DE MEDIO AMBIENTE.
- A organización terá o dereito de reprodución das fotografías premiadas, que poderán ser utilizadas libremente e sen compensación económica, con finalidades relacionadas co concurso de Fotografía de Natureza ou coas actividades do Ateneo Ferrolán que non conlevan ánimo de lucro. Para isto e para valorar a fidelidade das copias presentadas os gañadores deberán presentar os orixinais antes de percibir os respectivos premios. En caso de utilizar para a captación das fotografías medios dixitais remitirase o ficheiro en formato RAW e tamén o arquivo do que se obtivo a copia para realizar as comprobacións necesarias.
- PREMIOS
1º Premio: 900 €
2º Premio: 300 €
3º Premio: 150 €
Se as obras presentadas non alcanzasen a calidade necesaria, a criterio do xurado e por unanimidade, os premios poderán ser declarados desertos. Se con posterioridade á concesión dos premios se tivese coñecemento de anomalía ou incumprimento das Bases, procederase á revogación do mesmo, recorrendo a calquera forma adecuada dentro do ordenamento xurídico. - ENTREGA DE PREMIOS
Farase no acto de inauguración da Exposición. - EXPOSICIÓNSCoas fotografías seleccionadas farase unha primeira Exposición no Ateneo Ferrolán.
A Organización, facendo uso dos seus dereitos, realizará unha Mostra Itinerante durante o resto do ano. Dentro da itinerancia contémplase a súa Mostra no Outono Fotográfico de Ourense. As fotografías seleccionadas para esta mostra quedarán a disposición do Ateneo Ferrolán ata fin de ano. - DEVOLUCIÓNS
Devolveranse aquelas obras que veñan acompañadas dun sobre prefranqueado ou aquelas que sexan recollidas persoalmente no Ateneo Ferrolán, establecendo un prazo de 60 días a partir da clausura da Exposición. Transcorrido o mesmo entenderase que os autores renuncian a calquera dereito sobre as fotos presentadas. - OBSERVACIÓNS
*A participación no Concurso implica a total aceptación destas bases.
*Os casos non contemplados nestas BASES serán resoltos polo xurado. - AGRADECEMENTOS
Á Casa da Xuventude de Ourense, por incluír as fotos seleccionadas na súa Mostra, no conxunto de exposicións que compoñen tan prestixioso evento no mundo da imaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario