No ano
1989 foi considerada “BIBLIOTECA DE TITULARIDADE PRIVADA DE ESPECIAL INTERESE PARA GALICIA”.
E dende o
ano 1996 (Orde do 21.10.1996) está “INTEGRADA NA REDE DE BIBLIOTECAS DE GALICIA”.
Ferrol ao longo da súa historia destacou polo seu interese pola prensa e desde o século XIX foi unha das cidades nas que o xornalismo e a prensa máis variada, desenvolvéronse dun xeito máis destacado. Nós continuamos con esa tradición e a hemeroteca do Ateneo conserva exemplares únicos de prensa local desde o século XIX.
O Ateneo Ferrolán, é unha institución sen ánimo de lucro, de carácter cultural, que desenvolve a súa actividade dentro do ámbito de Galicia, pero cunha proxección máis ampla, e cunha clara vocación de ser un lugar onde atopen cabida todas as opinións e expresións artísticas, enlazando co espírito dos ateneos decimonónicos, nos que temos a nosa orixe.
Esta biblioteca-hemeroteca está composta na actualidade por máis de 12.000 volumes, no seu fondo bibliográfico, fondos de carácter xeral, pero que fan especial incidencia no Fondo Local, nos temas relacionados coa cidade de Ferrol, e con todo o referido á arte, a historia, a literatura e a cultura de Galicia.
A hemeroteca do Ateneo Ferrolán conta na actualidade con ± 500 cabeceiras de prensa. Divididas en revistas e prensa diaria; tanto en coleccións pechadas como abertas; esta prensa é de ámbito internacional, pero desde logo, a súa parte máis importante é a prensa local.

- EL OBRERO - 1932-1936
- EL RADICAL - 1935
- LA DEMOCRACIA - 1891
- DIARIO FERROLANO 1904-1913
- FARO DE FERROL - 1914
- EL ECO FERROLANO - 1866
- GALICIA - 1885
- LA LUCHA - 1920
- IR - Principios do século XX
Outra das características da Biblioteca-Hemeroteca do Ateneo, é que malia ser unha entidade de titularidade privada está considerada de especial interese para Galicia e é unha biblioteca aberta ao público en xeral.
O Ateneo Ferrolán ven realizando ininterrompidamente, dun xeito gratuíto e público, dende o ano 1983 o seu servicio de Biblioteca-Hemeroteca, sendo a ÚNICA HEMEROTECA de Ferrol e Comarca, coa atención especializada dun profesional, que inclúe as seguintes prestacións:
Servicio Público: 900/1000 horas anuais
HEMEROTECA:
Colección única e completa do FERROL DIARIO-EL NORTE.
Dende o ano 1977, mantemos as coleccións completas para o servicio público e gratuíto de: La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, El Correo Gallego, O Correo Galego, A Nosa Terra, El Pais, Diario 16 de Galicia, O Comarcal. Iniciando as coleccións de Galicia Hoxe, La Opinión, Diario de Ferrol.
ESPECIALIZACIÓN de fondos de temática galega e propios de Ferrol e comarca.
Anualmente mantemos un convenio coa UNIVERSIDADE DA CORUÑA - CAMPUS FERROL para que na nosa biblioteca realicen prácticas os alumnos e alumnas da ESCOLA DE BIBLIOTECONOMÍA.
As institucións, máis destacadas, coas que habitualmente mantemos contacto e intercambio de publicacións son :

- • Lectura/Consulta de Fondos.
• Lectura e Fotocopiado de Microfilmes e Microformas.• Servizo de Reprografía.• OPAC• Información Bibliográfica

Colección única e completa do FERROL DIARIO-EL NORTE.
Dende o ano 1977, mantemos as coleccións completas para o servicio público e gratuíto de: La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, El Correo Gallego, O Correo Galego, A Nosa Terra, El Pais, Diario 16 de Galicia, O Comarcal. Iniciando as coleccións de Galicia Hoxe, La Opinión, Diario de Ferrol.
ESPECIALIZACIÓN de fondos de temática galega e propios de Ferrol e comarca.
Anualmente mantemos un convenio coa UNIVERSIDADE DA CORUÑA - CAMPUS FERROL para que na nosa biblioteca realicen prácticas os alumnos e alumnas da ESCOLA DE BIBLIOTECONOMÍA.
As institucións, máis destacadas, coas que habitualmente mantemos contacto e intercambio de publicacións son :
- Xunta de Galicia
- Concello de Ferrol
- Revista de Estudios Mindonienses de la Diócesis Mondoñedo - Ferrol
- Club de Prensa de Ferrol
- Concello de Pontedeume
- Concello de Betanzos
- Fundación Pedro Barrié de la Maza (A Coruña)
- Archivo del Reino de Galicia
- Deputación Provincial de A Coruña
- Fundación Eugenio Granell
- Instituto Ramón Piñeiro (Santiago)
- Centro Dramático Galego
- Asociacións de Ferrolterra e Galicia
- Concello de Neda
- Institucións públicas Galegas e Estatais
- “Mundo” e “Bazán”.
- “Socialista”.
- ABC.
- Diario de Ferrol :
- Co que colaborou cedendo “Ferrol Diario” para a seccción “hace 25 años”.
- Editorial Embora :
- Á que se lle facilitou a prensa para a elaboración do seu “Anuario”.
- UGT :
- Ós que cedimos exemplarres de ABC dos anos 20 para unha exposición homenaxe a Pablo Iglesias.
Na Hemeroteca temos 500 cabeceiras de Periódicos diferentes e 332 títulos de Revistas, entre as que se poden destacar algunhas cabeceiras de prensa:
- “A Nosa Terra”, colección completa e pechada dende 1907.
- “El Obrero” (1932 - 1936), encadernado e máis en microfilme.
- “La Voz de la CONS” (1937), en microfilme.
- “Fuero” (1938 - 1939), en microfilme.
- “Ferrol Diario” (Colección completa encadernada).
- “El Ideal Gallego”, encadernado, desde 1977.
- “La Voz de Galicia”, desde 1977 (microfichas, desde 1991).
- “El Correo Gallego”, desde 1980 (microfichas, desde 1991).
- “El País”, desde 1981 (microfichas, desde 1991).
- “O Correo Galego”, desde 1994.
- “El Mundo Obrero” - Cesión do PCG de Ferrolterra
- “Le Monde Diplomatique” - Cesion dun socio.
- “Galicia Hoxe”. Colección completa e pechada.
- “La Descripción del Reyno de Galicia". (Juan de Molina, ano 1551).
- “La Ilustración". Editado en Madrid, no ano 1851.
- “La primera enseñanza”. (Revista de 1862 - 1863).
- Prensa europea
- Prensa americana
No ano 2008
o Ateneo Ferrolán e a Fundación Pedro Barrié de la Maza asinan un convenio para o
proxecto "Recuperación, dixitalización e posta en valor da
biblioteca-hemeroteca do Ateneo
Ferrolán", un dos
proxectos seleccionados pola Fundación na súa III Convocatoria de proxectos en
colaboración 2006-2007.
Esta
colaboración ampliouse coa doazón de máis de 230 títulos editados polo servizo
de publicacións da Fundación e coa cesión ao Ateneo da colección de microfilmes
de El Correo Gallego correspondentes
ao período 1878-1974.
Fondo Muller: Dende o ano 1976 a Vocalía da Muller cando non exisitían espazos específicos de reivindicación, apoio e loita feminista. Mantemos un fondo documental nesta biblioteca Carteis, Fotos, Dípticos, Libros...
relacionados con actos conmemorativos sobre o 8 de marzo, así como
alusivos á violencia de xénero, ou calquera outro destinado á
reivindicación dos dereitos da muller, en tódolos ámbitos sociais
e laborais ó longo da historia.
A filmoteca do Ateneo Ferrolán conta na actualidade con ± 1.000 títulos entre longametraxes, curtas e documentais.
Fondo Teatro: Xa
nos seus comezos polos anos 70, o Ateneo Ferrolán, era impulsor dun Premio de Teatro.
sendo algunhas obras as premiadas: ¡Ollo,
hai lurpios na costa!
de Anxela Loureiro, 1º Premio Teatro Infantil do Ateneo Ferrolán en
1978.
O Ateneo é
pioneiro dos "Xoves Teatrais" coa recuperación do Teatro
para Ferrol e organizadores en 1988 do "1º Encontro de Teatro
Profesional Galego".
Os fondos adicados ao mundo das Artes Escénicas é grande e valioso: libros, cartelería, afiches, programas, dossier's, fotografías.
A filmoteca do Ateneo Ferrolán conta na actualidade con ± 1.000 títulos entre longametraxes, curtas e documentais.
O noso importante arquivo fotográfico composto de fotografías de diversa tipoloxía de
principios de século (construción naval, social, industrial, carteis
....).
O importante arquivo de partituras inéditas e orixinais para gaita galega así como
as súas gravacións presentadas ao longo dos 21 anos do noso Concurso Internacional de Gaita Galega
e Composición “Constantino Bellón”.
Os FONDOS increméntanse, como non podía ser doutra
maneira, mes a mes, o que supón un esforzo económico e persoal para a
conservación e difusión de dito patrimonio.
O Ateneo Ferrolán mantén aberta libre e gratuitamente a súa Biblioteca-Hemeroteca, sendo a ÚNICA HEMEROTECA de Ferrol e Comarca. Facilita aos seus usuarios coñecementos e información mediante unha colección organizada de documentos, así como a través dos novos sistemas de información e tecnoloxías, que garante o acceso libre e directo ao coñecemento, á información, ao ocio e á cultura.

0 comentarios :
Publicar un comentario