Memoria de actividades do ano 2007

BIBLIOTECA – HEMEROTECA :
Atención ao público ( 5 días á semana) por unha profesional titulada.

  • FONDO LIBROS: 7.700
  • REVISTAS: 290 Cabeceiras
  • PERIÓDICOS: 106 Cabeceiras
  • FILMOTECA: 351
  • FONOTECA: 115
  • Subscrición diaria a: Diario de Ferrol, La Voz de Galicia, El País, Faro de Vigo, El Correo Gallego, Galicia Hoxe, A Nosa Terra, El Mundo, La Opinión, Público.
  • Convenio con a Universidade da Coruña (Campus Ferrol):Prácticas de alumnos e alumnas da escola de biblioteconomía

EXPOSICIÓNS:
  • Instalación de LAIS
  • Pinturas de SPELA TROBEC
  • Fotografías de ALBA LEAL
  • Pinturas de LUCRECIO OTEIZA
  • Pinturas de CONCHI GRANULLAQUE
  • Exposición Patrimonio Ateneo Ferrolán “MULLER”
  • IV EXPOSICIÓN ARTES PLÁSTICAS PEQUENO FORMATO PARA SOCIOS e SOCIAS
  • 17º Certame fotográfico "MEDIO AMBIENTE"
    Exposición de 50 fotografías seleccionadas das presentadas ao certame.
  • Vidro de MARÍA FARIAS
  • Fotografías de ALBERTE COUTO
  • Pinturas de RICARDO RILO
  • Fotografías de VICTOR RIVERA JOVE/ELOY TABOADA
  • Pinturas de RAMIRO MARRODÁN
  • Esculturas de AGUSTÍN RUÍZ DE ALMODOVAR
  • EXPOSICIÓN PERMANENTE FONDOS PROPIOS VARIOS ARTISTAS
    (A importancia da presenza dos artistas ferroláns no patrimonio do Ateneo Ferrolán)
    Segura Torrella, Carmen Chacón, Manuel Patiña, González Collado, Jorge Llorca, Garaizábal, Morquecho, Laxeiro, Correa Corredoira, Juan Galdo, Mª Manuela, Carlos Villaamil, Xan Xosé Braxe, José Leyra Domínguez, Tomás Barros, Juana Prieto, Ricardo Pena, Luis Jaime, Spela Trobec, Luis Rapela ...

CONFERENCIAS – MESAS DEBATE:
  • Simposio internacional POBRE MUNDO RICO (Outubro-Novembro)
  • Xornadas sobre mobing (Acoso no Traballo)
  • Presentación Libro Fundación Federico Engels
  • Día das letras galegas (17 maio)
  • A Memoria Histórica da Galiza
  • Conferencia embaixada de Israel
  • Conferencia sobre Carvalho Calero

CONCURSOS – CERTAMES PROPIOS do ATENEO:
  • XVII Certame fotográfico “MEDIO AMBIENTE”: Anual (17 anos)
  • XVII Concurso de gaita galega “CONSTANTINO BELLÓN”: Anual (17 anos)
    Nova Dimensión no ano 2007
  • IV Certame de Teatro Infantil e Xuvenil “ATENEA”: Anual (4 anos)
  • XX Xornadas da Gaita: Anual (20 anos)
  • VII Xornadas de Curtametraxes: Anual (7 anos)

ASEMBLEAS – REUNIÓNS (Outras entidades):
  • A Escola da Vaca
  • IU-EU
  • Fuco Buxán
  • Consello Sectorial da Muller
  • ADEGA
  • ACOF
  • Mercado da Magdalena
  • AA. VV.
  • Sindicato de periodistas
  • Marcha Mundial das Mulleres
  • SGHN (Sociedade Galega de Historia Natiural)
  • AMICOR
  • Comité Cidadán de Emerxencia para a Ria de Ferrol
  • Unión Libertaria
  • Asociación BRIGA
  • PSOE
  • Asoc. Cult. Xubilados da Administración Pública
  • Plataforma Ártabra 21
  • AGACANT
  • Defensa Montes de Brión
  • Defensa Carballeira de Menáncaro
  • Cooperativa Xoaniña
  • Colectivo OPAII
  • Fundación Federico Engels
  • Fundaçom Artábria
  • Asociaçom Galega da Língua
  • Cofradía de Dolores
  • Círculo Racinguista
  • Colectivo GALENTENDO

ENCONTROS:
  • Club de lectura dirixido por ANXELES SEOANE: Mensal e promovido polo Ateneo
  • CIRPÉN (Círculo de pensamento): Mensal e promovido polo Ateneo
  • Grupo de poetas: Semanal
  • Colectivo OPAII: Semanal
  • Mércores de tertulias: Semanal e promovido polo Ateneo
  • Club AMICOR: Mensal
  • Comité Cidadán de Emerxencia para a Ria de Ferrol
  • Recitais Poéticos

MÚSICA - LIBROS - CINE:
  • Martes de Cine do Ateneo
  • Cine Colectivo OPAII
  • Xornadas de Curtametraxes
  • Presentacións de libros
  • Concertos
  • Cine do colectivo de poesía “GRUPO AVALÓN”
  • III Sesión Vermú no Ateneo
  • Presentación das pezas gañadoras do concurso de composición “CONSTANTINO BELLÓN”

PUBLICACIÓNS:
  • Revista “ATENEA”: Trimestral
  • Cadernos do Ateneo Ferrolán: Anual. “FERROL, CIDADE DA ILUSTRACIÓN”
Reparto gratuito para socios, socias, entidades culturais e bibliotecas.


RELACIÓNS INTERNACIONAIS CON OUTROS ATENEOS:
  • O Ateneo Ferrolán está asociado e é membro da directiva (Vicepresidencia) de AIFA.
  • O Ateneo Ferrolán é membro da Asociación Española de Ateneos.
  • O Ateneo Ferrolán participa nos encontros anuais, nacionais e internacionais de Ateneos.

CONCERTO NADAL CORO “A XUNQUEIRA”

SÁBADO: Día 29 ás 20 horas

CONCERTO NADAL CORO “A XUNQUEIRA” de Perlio
No ano 1983, coincidindo co Día das Letras Galegas comezou por iniciación dun grupo de socios do Centro de Promoción Social de San Valentín no Concello de Fene, o que actualmente é a Coral de San Valentín, sendo o seu director D. Antonio Illobre Toimil facendo a súa presentación e a súa primeira actuación.
Dende 1990 está a cargo como director D. Sergio Bernal Fuster, A Coral de San Valentín conta actualmente con 35 compoñentes.

REPERTORIO: CON SABOR TROPICAL, MARUXIÑA, OJOS DE ESPAÑA, VIVO POR ELLA, LA PALOMA, CAMPANAS DE NAVIDAD, ADESTE FIDELIS, UNHA ESTRELA VEU DO CEO, PEREGRINO DE LA NOCHE.

ACTIVIDADES CULTURAIS da SEMANA do 17 ao 21 de decembro no ATENEO FERROLÁN

LUNS: Día 17 ás 20 horas
PRESENTACIÓN Nº 23 da REVISTA RAZÓN SOCIALISTA:
"POLA REXENERACIÓN DA ESQUERDA"
Organiza: Asociación Cultural FUCO BUXAN

MARTES: Día 18 ás 19 horas
MARTES DE CINE: "CAMINO A GUANTÁNAMO" (2006)
MICHAEL WINTERBOTTOM e MAT WHITECROSS
CICLO FESTIVAL DE CINE BERLIN

MÉRCORES: Día 19 ás 19:30 horas
ASEMBLEA do PSOE

XOVES: Día 20 ás 20 horas
PRESENTACIÓN LIBRO "SELECCIÓN GALEGA DE FÚTBOL"
Organiza: CÍRCULO RACINGUISTA

VENRES: Día 21 ás 19 horas
CINE: “STONEWALL”
Organiza: Colectivo GALENTENDO.

EXPOSICIÓNS:
Do 5 ao 29 de decembro
ESCULTURAS de AGUSTÍN RUÍZ DE ALMODÓVAR
(Sala de Exposicións 2ª planta)

Do 14 de decembro ao 11 de xaneiro
IV EXPOSICIÓN COLECTIVA
ARTES PLÁSTICAS “PEQUENO FORMATO” 2007
(Sala de Exposicións 1ª planta)

Exposición: Agustín Ruiz de Almodóvar


Exposición de esculturas de Agustín Ruíz de Almodovar, do 5 ao 29 de decembro na Sala de Exposicións da 2ª planta do Ateneo Ferrolán.

VII Xornadas de Curtametraxes



VII XORNADAS DE CURTAMETRAXES
Ateneo Ferrolán 2007

Os días 26, 27 e 28 de decembro, levaranse a cabo no Ateneo Ferrolán ás SÉTIMAS XORNADAS DE MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral, aquí tedes o programa do que serán estas XORNADAS.

Día 26 de decembro ás 19 horas

ESCOLA DE IMAXE E SON DE VIGO


“SUEÑOS” Curtametraxe Ficción (Castelán)
  • Duración: 13'
“CADEA PERPETUA” Curtametraxe Ficción (Galego)
  • Duración: 11'
“PAN E CIRCO” Curtametraxe Ficción (Galego)
  • Duración: 12'
“LÁGRIMAS DE SANGRE” Curtametraxe Ficción (Castelán)
  • Duración: 11'
“OCTOPUS TO THE PARTY” Curtametraxe Ficción (Galego)
  • Duración: 10'
“TOSCA” Curtametraxe Ficción (Castelán)
  • Duración: 6'
“24 HORAS DESPUES” Curtametraxe Ficción (Castelán)
  • Duración: 6'
“360” Curtametraxe Ficción (Castelán)
  • Duración: 6'
“ESPERANZA PARA VIVIR” Curtametraxe Ficción (Castelán)
  • Duración: 12'

Día 27 de decembro ás 19 horas

ABELARDO RENDO

“AS FAROLAS” Curtametraxe Comedia (Galego)
  • País e ano: Galiza (2007)
  • Duración: 17`
  • Intérpretes: MARÍA MUNIN, ANTONIO VÁZQUEZ, FINA GUITIÁN, HIXINIO RODEIRO, ELIANA MARTÍNS, ELSA BARCALA, JESÚS MERA, INÉS BOUZÓN, MIGUEL DE LIRA, PATRICIA REI, PEPE PENABADE, MARÍA GAITEIRO, ALFONSO ROMEO, CARMEN DE LA FUENTE, LUÍS ZAHERA, BREOGÁN VÁZQUEZ, XAN CURIEL, FRANCISCO COLLANTES, COMBA CAMPOY, ANTÓN VÁZQUEZ, SARA GONZÁLEZ.
  • Sinopse: Unha xornalista que presenta reportaxes de investigación desprázase a un concello do rural (Revosende) para investigar o fenómeno polo cal unha simple farola é quen de decidir a Alcaldía. A súa hipótese é que o alumeado público é algo máis que un servizo público: a corrupción, o clientelismo e a cacicada están presentes de cheo.

MARÍA G. SALVATIERRA

“O ELIXIDO” Curtametraxe (Galego)
  • País e ano: Galiza (2007)
  • Duración: 10`
  • Intérpretes: ELINA LUACES, LUISA MERELAS, YOLANDA MUÍÑO, SUSO LISTA, RAFA DURÁN, ANXO CARVAJAL E SANTI PREGO.
  • Sinopse: A curta comeza coa morte dun párroco nunha aldea remota de Galicia. Tres beatas, sen educación nin formación ningunha e desesperadas pola morte do seu cura, deciden facer un casting para atopar a outro que lles de a misa. Á proba preséntanse un rapaciño ionqui que non sabe que facer da súa vida, un señor en paro na procura dun oficio estable como o do sacerdocio, e por ultimo un rapaz que quere ser famoso.

MIGUEL ANGEL MERA, JUAN GARCÍA e JORGE MARTINEZ


“GERVASIO Vs. YAKUZA” Curtametraxe Ficción (Castelán)
  • País e ano: Galiza (2007)
  • Duración: Capítulo I 15` - Capitulo II 26`
  • Intérpretes: MIGUEL ANGEL MERA, JUAN GARCIA, JORGE MARTINES, DANIEL ROMERO, JACOBO PELETEIRO, DANIEL FERNÁNDEZ.
  • Sinopse: (Cap..I)A filla do avogado Sir Johan Iceberg é secuestrada por parte da Yakuza, nun intento por dividir en dous o imperio da Keyser Corps. Gervasio un policiía da vella escola, tentará de salvar á nena pòñendo en xogo a súa vida e a súa honra.(Cap..II) Xa expulsado do corpo e consumido polas drogas, Gervasio non da por finalizada a súa búsqueda, afundíndose cada vez máis e sen sabelo na enmarañada tea na que está atrapado. A vinganza nunca acaba.

DAVID VÁZQUEZ e MANEL VÁZQUEZ

“EMPANTANADOS” Curtametraxe (Galego)
  • País e ano: Galiza (2007)
  • Duración: 15`
  • Intérpretes: MIGUEL DE LIRA, CLARA VÁZQUEZ, FERNANDO MORÁN, VÍCTOR TATO, CHICHO CARBALLIDO, IVÁN GONZÁLEZ.
  • Sinopse: Un pobo ameazado polas augas dun embalse, todo desaparece menos as lembranzas ...

EDU LAVANDEIRA


“PIOJOS” Curtametraxe Comedia (Galego)
  • País e ano: Galiza (2006)
  • Duración: 12,30`
  • Intérpretes: XOÁN VEIRO, ANTÓN GIRÓN, DAVID CASTIÑEIRAS, EDU IGLESIAS (MONDONGO).
  • Sinopse: Piojos, insectos parasitos, sen alas, de corpo deprimido e abdome alongado. Ollos grandes, pico curto, patas robustas e espiñas fortes. Habitantes do cabelo humano. Viven do sangue do individuo parasitado.

Día 28 de decembro ás 19 horas

RAÚL GARCÍA, ELENA GÓMEZ, MARCOS MÉNDEZ, JORGE MOSQUERA, MARTINA PÉREZ e EVA REY


“EN EL ARMARIO” Curtametraxe (Castelán)
  • País e ano: España (2007)
  • Duración: 5`
  • Intérpretes: LUIS ZAHERA, ISABEL BLANCO, MONTI CASTIÑEIRAS, JAVIER GUTIÉRREZ.
  • Sinopse: Rodrigo quere conservar unha relación que pasa por una situación delicada. Pero tal vez a única solución sexa "saír do armario".
“PUNTO KILOMÉTRICO 406” Curtametraxe (Galego)
  • País e ano: España (2007)
  • Duración: 9,25`
  • Intérpretes: ESTELA RODRÍGUEZ, RAÚL GARCÍA.
  • Sinopse: Unha muller intenta fuxir do seu destino. Destino xa escrito.

MARCOS MÉNDEZ e EVA REY

“NON RETORNABLE” Curtametraxe 3D (Galego)
  • País e ano: España (2007)
  • Duración: 2`
  • Sinopse: John Doe, un astronauta estadounidense pouco estilizado, chega ao planteta Sogama con intención de conquistalo. Porén, a necesidade de aliviar a súa apretada vexiga faino caer na trampa deste planeta tan particular.

RAÚL GARCÍA e MARTINA PÉREZ

“O CRILO” Curtametraxe 3D (Galego)
  • País e ano: España (2007)
  • Duración: 2`
  • Sinopse: Un grilo camiña pola vía do tren sen percatarse do perigo que se aveciña.

JUAN ANTONIO BAYONA

“EL HOMBRE ESPONJA” Curtametraxe Drama (Castelán)
  • País e ano: España (2002)
  • Duración: 20`
  • Intérpretes: ZOE BERRIATÚA, GRÁCIELA MORAIS, CARLOS RAJA, ANDRÉS GERTRUDIX.

PEQUE VARELA

“CARPEOPLE (Xentecoche)” Curtametraxe animación
  • País e ano: Inglaterra (2005)
  • Duración: 1`
  • Sinopse: Ensaio do noso comportamento detrás do volante.
“PHACE” Curtametraxe animación
  • País e ano: Inglaterra (2005)
  • Duración: 1`2``
  • Sinopse: Unha breve mirada a sentimentos atrapados.
“1977” Curtametraxe animación
  • País e ano: Inglaterra (2007)
  • Duración: 8`15``
  • Sinopse: Unha pequena cidade, un nó que medra e unha nena buscando a súa identidade.

NOVAS CONCURSO GAITA GALEGA "CONSTANTINO BELLÓN"


Foto de José J. Presedo

Concurso de Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN”
En Ferrol no local do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena, 202-204, o XURADO do XVII Concurso de Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN”, composto por: Víctor Fernández Gabeiras, Xesús Vaamonde Manteiga, Xavier Rodríguez Fariñas, Pablo López Torneiro, Xoán Rodríguez Silvar e actuando como secretaria, sen voto, Cristina Meizoso Alonso, reunido o día 8 de outubro de 2007 toman a seguinte DECISIÓN:


  • REVOGAR o PREMIO DE INTERPRETACIÓN DE GAITA GALEGA SOLISTA deste XVII Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón” celebrado en Ferrol o día 31 de agosto de 2007 por:

UNHA FALTA AO ESPÍRITO DO CONCURSO e INCUMPRIMENTO DAS BASES DO MESMO.

Por todo o antedito, se declara DESERTO O PREMIO do XVII CONCURSO DE GAITA GALEGA “CONSTANTINO BELLÓN” do ano 2007.


En Ferrol a 8 de outubro de 2007

PROGRAMACION no ATENEO FERROLAN

- EXPOSICIÓN PERMANENTE FONDOS PROPIOS VARIOS ARTISTAS:
Segura Torrella, Carmen Chacón, Manuel Patiña, González Collado, Jorge
Llorca, Garaizábal, Morquecho, Laxeiro, Correa Corredoira, Mª Manuela,
Carlos Villaamil, Xan Xosé Braxe, José Leyra Domínguez, Tomás Barros,
Ricardo Pena, Luis Jaime, Juan Galdo, Spela Trobec, Juana Prieto, Luis
Rapela, Alba Leal ............. entre outros moitos.

...................................................................


CLUB DE LECTURA
Todos os primeiros MARTES DE CADA MES ás 19,30 horas.

Encontros coa LECTURA.

Xúntanse 20 socios e socias todos os primeiros martes de cada mes para
reflexionar e comentar un libro nos locais do Ateneo.

............................................................................
....

MARTES DE CINE

As proxeccións terán lugar todos os MARTES ás 19 h. no salón de actos do
Ateneo Ferrolán.

............................................................................

SESIÓN VERMÚ con música en directo no Ateneo
Organiza: Colectivo OPAII e ATENEO FERROLÁN.

............................................................................

Todos os MÉRCORES - TERTULIA ás 18 horas.
............................................................................
....

Todos os últimos XOVES de cada mes - AMICOR ás 20 horas.

............................................................................
....

Fallo do Concurso de Gaita Galega "Constantino Bellón"

XVII CONCURSO DE GAITA GALEGA
“CONSTANTINO BELLÓN” 2007


En Ferrol a 31 de agosto de 2007, no Teatro Jofre de Ferrol, o xurado cualificador do 17º Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”, integrado por :
  • Víctor Fernández Gabeiras
  • Xabier Rodríguez Fariñas
  • Pablo López Torneiro
  • Xoán Rodríguez Silvar
  • Xesús Vaamonde Manteiga
Aordan outorgar os seguintes premios:
  • BRAIS MONXARDIN LÓPEZ (A Fonsagrada – Lugo) – Premio único.
  • DANIEL LUMBRERAS RODRÍGUEZ (San Sebastián) – Accésit.
  • PABLO DEVIGO VÁZQUEZ (Castrocaldelas – Ourense) – Accésit.
  • PABLO DEVIGO VÁZQUEZ pola partitura Fantasía para gaita e pianoTroula para Constantino” – Premio de composición para gaita galega solista.
O Xurado quere facer constar o importante nivel de calidade acadado por tódolos finalistas seleccionados para este Concurso de Gaita Galega na súa décimo sétima edición.

Ateneo Ferrolán. Funcionamento.

"UN LUGAR DE ENCONTRO PARA A CULTURA"


Fundado no ano 1879 pasou por diferentes e comprometidas etapas até que foi pechado toda a longa etapa da dictadura franquista.

Refundado no ano 1976, o Ateneo Ferrolán, tense convertido nun punto de referencia e consulta imprescindible dentro do mundo cultural de Ferrol e en xeral de Galicia, non so polos centos de actividades culturais (debates, cine, conferencias, mesas redondas, exposicións, concertos, etc...) que organiza senón pola súa capacidade crecente de convocatoria na realización das distintas e plurais actividades programadas, e tamén porque é unha entidade que ofrece o seu espazo a entidades e asociacións que queran dispoñer das súas instalacións.

O Ateneo Ferrolán, como entidade sen fin de lucro, ocupa hoxe un dos primeiros lugares como dinamizador da nosa cultura en Ferrol, desenvolvendo as súas actividades a traves das Vocalías de Música, Cine, Teatro, Ciencias e Humanidades, Artes Plásticas, Medio Ambiente, Muller, Arqueoloxía, Xuventude, Publicacións...

Así, o Ateneo Ferrolán ven tentando dar unha resposta cultural ás necesidades dunha cidade galega, coas súas características de seu, como é Ferrol e a súa comarca. Velaí que tódalas súas actividades desenvolvense en función dunha demanda social concreta ó servicio da cal orientamos os nosos esforzos.

Polas características propias de promoción e defensa da cultura galega, tódalas súas manifestacións, ben orais ou escritas, realízanse dun xeito único en idioma galego, o mesmo que toda a súa administración está elaborada, de sempre, no noso idioma, en galego.

Todo este esforzo cultural e os seus fins, non lucrativos, fan que as súas programacións sexan na súa maior parte abertas ó público e de xeito gratuito, cun gran contido e interese social, polo cal teñen unha grande aceptación cidadán.

Grazas á constancia e ao empuxe dos socios e socias e coa colaboración do Concello, do M.O.P.U., de Caixa Galicia e do arquitecto D. Alfredo Alcalá Navarro e Francisco Iglesiasr, en 1983 inaugúrase a sede social do ATENEO FERROLÁN no número 202-204 da rúa Magdalena, espléndido edificio do século XVIII (1762), enclavado no tamén historico "Barrio da Magdalena"

Magnificamente restaurado, os seus balcóns de ferro forxado, de gusto rococó, son o elemento decorativo e expresivo do elevado rango desta edificación, habilitada para albergar a sede social dunha das institucións culturais máis antigas da cidade de Ferrol e para o desenvolvemento das súas actividades culturais dentro deste histórico Barrio da Magdalena.

En xuño de 1983, o Ateneo Ferrolán inauguraba a súa actual sede cun denso programa que catalizou a actividade cultural da cidade. No acto inaugural participaron Isaac D. Pardo, Filgueira Valverde, Lueiro Rey, Ramón Piñeiro e Carvalho Calero

Está distribuído por plantas (Ver fotos no apartado As Instalacións):

  • Planta Baixa:
    • Vestíbulo, Cafetería e Salon de Actos con capacidade para 100 persoas: Conferencias, proxeccións, Artes Escénicas, Concertos, ... 
  • Entrechán:
    • Secretaría / Administración.
  • Primeira Planta:
    • Sala de Exposicións (1).
  • Segunda Planta: 
    • Sala de Exposicións (2). Aulas Actividades/Reunións
  • Terceira Planta: 
    • Aulas Actividades / Hemeroteca
  • Cuarta Planta: 
    • Biblioteca-hemeroteca. Declarada "Biblioteca de Titularidade Privada de Especial Interese para Galicia" pola importacia dos seus fondos hemerográficos.

O ATENEO funciona a través dunha Xunta Directiva e reparte as tarefas e actividades nas distintas VOCALÍAS segundo os Estatutos vixentes. A actual Xunta Directiva está composta por:

  * Presidente: Francisco Xabier Montero Dongil

  * Vicepresidenta: Ana Pernas Máquez

  * Secretario: Daniel Velasco García

  * Tesoureiro: Florentino Martínez Vázquez

  * Contador: Alejandro Rey López

  * Bibliotecaria: Sonia Mauriz Fernández

  * Clube de Lectura: Ánxeles Seoane Fernández

  * Comunicación: Manuel A. Cendán Dopico


Tamén a posibilidade, según coñecen asociacións culturais, AVV., partidos políticos, colectivos, organismos, entidades, etc., de facer calquera outro acto que se propoña, posto que o ATENEO é unha entidade sen ánimo de lucro aberta a calquera iniciativa cultural e social.

 

Situación do Ateneo



Ateneo Ferrolán
e-mail:
secretaria@ateneoferrolan.org Telf.: +34 981 357 970
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, CP.15402 - Ferrol (A Coruña - Galiza)
Apdo. Correos: 303

Fallo do XVII Certame Fotográfico "Medio Ambiente" 2007

XVII Certame Fotográfico "Medio Ambiente" 2007
Fallo e Inauguración das 50 fotografías seleccionadas o día 5 de xuño DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.

  • 1º Premio: VICTOR RIVERA JOVE (Ferrol)
  • 2º Premio: ALBERTO PORRES VIÑES (Tarragona)
  • 3º Premio: JORGE MEIS (Ferrol)

Related Posts with Thumbnails