Buscar neste blog

23 marzo 2018

II Roteiro Literario "A mirada de Carvalho Calero". Venres 23 de marzo ás 17,30 h.


II Roteiro Literario "A mirada de Carvalho Calero"
Venres día 23 de marzo ás 17,30 h. no #AteneoFerrolán

(O roteiro literario musical A mirada de Carvalho no #AteneoFerrolán, debido ao temporal).

https://www.facebook.com/events/2043839679161035/

12 marzo 2018

Espectáculo "A biblioteca máxica". Venres día 16 de marzo ás 19 h.


"A biblioteca máxica" 

Venres día 16 de marzo ás 19 h. no #AteneoFerrolán

Entrada 2 € (Apta para todos los públicos)

 Teatro musical maxia e circo para un público familiar.

Máis info: https://drive.google.com/file/d/1oBImatC8UI_XewhbVPZtLOSVfTRDxhel/view?usp=sharing

www.payasopiruleta.com

07 marzo 2018

Presentación do libro "A liberdade no século XXI". Venres 9 de marzo ás 19,30 h.


O venres 9 de marzo, ás 19:30 h, terá lugar no #AteneoFerrolán 


a presentación do libro "A liberdade no século XXI" de Enrique Sáez Ponte. 

Conversando co autor estarán Julia Díaz Sixto e Xavier Alcalá



A liberdade no século XXI  de Enrique Sáez Ponte http://editorialgalaxia.gal/


O crecemento da poboación e da economía que se rexistra desde hai douscentos anos crea condicións sociais moi diferentes ás de tempos históricos anteriores.
Despois das revolucións liberais, o pobo converteuse no depositario exclusivo da lexitimidade do poder político. O poder xa non vén de Deus ou da tradición ou de calquera outra fonte que daba a unha persoa, a unha familia, a unha caste o dereito de mandar sobre os demais. Esa xigantesca vitoria ética é a gran conquista dos demócratas: o Estado de dereito non é só un logro político, é tamén a gran revolución social. Así e todo, o ser humano debe enfrontarse permanentemente á concentración de poder en minorías que o usufrutúan. Esa é a razón desde ensaio, a mingua de liberdade que produce a acumulación de poder nun grao non coñecido antes e nunha sociedade máis grande e conectada. Combinando axilidade expositiva e rigor, neste libro analízanse os procesos actuais de acumulación de poder nos seus hátitats principais: os aparellos político-burográticos, o capital e a comunicación. A eles engádese unha das cuestións máis importantes para as sociedades deste século: a problemática específica das mulleres. A loita polas liberdades non remata nunca.

01 marzo 2018

Charla "As voces apartadas". Venres 2 de marzo ás 19 h.


Charla "As voces apartadas" o venres día 2 de marzo ás 19 h. 

Organiza: Esquerda Unida Ferrol

Dende Esquerda Unida Ferrol, o vinderio 2 de marzo no #AteneoFerrolán, levaremos a cabo o acto "As voces apartadas" na que contaremos coa participación do activista e escritor senegalés Mamadou Día e co mediador intercultural Djibril Fayer.


Relatarán as suas vivenciass persoais e laborais tanto no estado como no seu país de orixe, relatando as suas experiencias nos últimos anos.


Igualmente, proxectarase o programa Testimonios - "Un viaje hacia el Edén" onde dous senegaleses afincados na nosa cidade contan as dificultades atopadas no seu proceso migratorio