/*-- (script remplaza fecha) --*/

Biblioteca - Hemeroteca


Ferrol ao longo da súa historia destacou polo seu interese pola prensa e desde o século XIX foi unha das cidades nas que o xornalismo e a prensa máis variada, desenvolvéronse dun xeito máis destacado. Nós continuamos con esa tradición e a hemeroteca do Ateneo conserva exemplares únicos de prensa local desde o século XIX.
O Ateneo Ferrolán, é unha institución sen ánimo de lucro, de carácter cultural, que desenvolve a súa actividade dentro do ámbito de Galicia, pero cunha proxección máis ampla, e cunha clara vocación de ser un lugar onde atopen cabida todas as opinións e expresións artísticas, enlazando co espírito dos ateneos decimonónicos, nos que temos a nosa orixe.

Esta biblioteca-hemeroteca está composta na actualidade por 7500 volumes, no seu fondo bibliográfico, fondos de carácter xeral, pero que fan especial incidencia nos temas relacionados coa cidade de Ferrol, e con todo o referido á arte, a historia, a literatura e a cultura de Galicia. Pero a parte máis sobresaínte é a hemeroteca.
A hemeroteca do Ateneo Ferrolán conta na actualidade con 450 cabeceiras de prensa. Divididas en revistas e prensa diaria; tanto en coleccións pechadas como abertas; esta prensa é de ámbito internacional, pero desde logo, a súa parte máis importante é a prensa local.

A destacar:
  • EL OBRERO - 1932-1936
  • EL RADICAL - 1935
  • LA DEMOCRACIA - 1891
  • DIARIO FERROLANO 1904-1913
  • FARO DE FERROL - 1914
  • EL ECO FERROLANO - 1866
  • GALICIA - 1885
  • LA LUCHA - 1920
  • IR - Principios do século XX
Outra das características da Biblioteca-Hemeroteca do Ateneo, é que malia ser unha entidade de titularidade privada está considerada de especial interese para Galicia e é unha biblioteca aberta ao público en xeral.

O Ateneo Ferrolán ven realizando ininterrompidamente, dun xeito gratuíto e público, dende o ano 1983 o seu servicio de Biblioteca-Hemeroteca, sendo a ÚNICA HEMEROTECA de Ferrol e Comarca, coa atención especializada dunha Licenciada, que inclúe as seguintes prestacións:

Servicio Público: 900/1000 horas anuais.
  • Lectura/Consulta de Fondos
  • Lectura e Fotocopiado de Microfichas
  • Servicio de Fotocopiado
Fondos Bibliográficos - 7.500 títulos.

HEMEROTECA:
Colección completa do FERROL DIARIO-EL NORTE.

Subscrición diaria a Diario de Ferrol, La Voz de Galicia, El Pais, Faro de Vigo, El Correo Gallego, Galicia Hoxe, A Nosa Terra, El Mundo, La Opinión.

Dende o ano 1977, mantemos as coleccións completas para o servicio público e gratuíto de: La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, El Correo Gallego, O Correo Galego, A Nosa Terra, El Pais, Diario 16 de Galicia, O Comarcal. Iniciando as coleccións de Galicia Hoxe, La Opinión, Diario de Ferrol.

Contamos con 450 cabeceiras de prensa, que inclúen periódicos e revistas de todo o século.

ESPECIALIZACIÓN de fondos de temática galega e propios de Ferrol e comarca.

Anualmente mantemos un convenio coa UNIVERSIDADE DA CORUÑA - CAMPUS FERROL para que na nosa biblioteca realicen prácticas os alumnos e alumnas da ESCOLA DE BIBLIOTECONOMÍA.

As institucións, máis destacadas, coas que habitualmente mantemos contacto e intercambio de publicacións son :
  • Xunta de Galicia
  • Concello de Ferrol
  • Revista de Estudios Mindonienses de la Diócesis Mondoñedo - Ferrol
  • Club de prensa de Ferrol
  • Círculo Filatélico de Ferrol
  • Concello de Pontedeume
  • Concello de Betanzos
  • Fundación Pedro Barrié de la Maza (A Coruña)
  • Archivo del Reino de Galicia
  • Deputación Provincial de A Coruña
  • Fundación Eugenio Granell
  • Instituto Ramón Piñeiro (Santiago)
  • Centro Dramático Galego
  • Asociacións de Ferrol
Tamén hai algunhas editorias que realizan donaciós como: Embora, Toxosoutos ou Librería del Campus.

É importante sinalar que tamén se reciben donacións de particulares.
  • “Mundo” e “Bazán”.
  • “Socialista”.
  • "Mundo" e de ABC.
O Ateneo Ferrolán, a través da biblioteca, colabora noutras actividades que se basan na cesión dos seus fondos hemerográficos; en concreto éste ano :
  • Diario de Ferrol :
    • Co que colaborou cedendo “Ferrol Diario” para a seccción “hace 25 años”.
  • Editorial Embora :
    • Á que se lle facilitou a prensa para a elaboración do seu “Anuario”.
  • UGT :
    • Ós que cedimos exemplarres de ABC dos anos 20 para unha exposición homenaxe a Pablo Iglesias.
Na Hemeroteca temos 93 cabeceiras de periódicos diferentes e 219 títulos de Revistas, entre as que se poden destacar algunhas cabeceiras de prensa:
  • “A Nosa Terra”, completo desde 1916.
  • “El Obrero” (1932 - 1936), encadernado e máis en microfilme.
  • “La Voz de la CONS” (1937), en microfilme.
  • “Fuero” (1938 - 1939), en microfilme.
  • “Ferrol Diario” (Colección completa encadernada).
  • “El Ideal Gallego”, encadernado, desde 1977.
  • “La Voz de Galicia”, desde 1977 (microfichas, desde 1991).
  • “El Correo Gallego”, desde 1980 (microfichas, desde 1991).
  • “El País”, desde 1981 (microfichas, desde 1991).
  • “O Correo Galego”, desde 1994.
  • “El Mundo Obrero” - Cesión do PCG de Ferrolterra
  • “Le Monde Diplomatique” - Cesion dun socio.
  • “Galicia Hoxe”.
Ademais existen diferentes periódicos editados no século XIX e principios do XX, como :
  • “La Descripción del Reyno de Galicia". (Juan de Molina, ano 1551).
  • “La Ilustración". Editado en Madrid, no ano 1851.
  • “La primera enseñanza”. (Revista de 1862 - 1863).

0 comentarios:

Related Posts with Thumbnails