XXII MOSTRA de CURTAMETRAXES 2022. Martes día 13 e Mércores 14 de decembro de 2022 ás 19 h.

 



XXII MOSTRA de CURTAMETRAXES 2022


13 e 14 de decembro de 2022 ás 19 h. no #AteneoFerrolán


Participa e Difunde!!!!


Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos de menos de 20’, preferentemente en lingua galega acompañado dunha ficha cumprimentada cos datos da curta e do director antes do día 30 de novembro para poder engadilos ao programa deste ano.


Normalmente recibimos as curtas a traverso da plataforma vimeo. Se utilizas esta plataforma, necesitamos saber a ligazón á curta máis o contrasinal para poder acceder a ela e coa opción "Descarga" habilitada para que nós a poidamos descargar. Pero tamén estamos totalmente abertos a calquera outro método que utilices (outra plataforma calquera ou se xa está público, a ligazón para poder collelo). Tamén aceptamos correo ordinario ao enderezo físico da nosa entidade.



Os días 13 e 14 de decembro de 2022, levarase a cabo a XXII MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.


A Mostra de Curtametraxes do Ateneo nace en 2001 coma un espazo de difusión da cultura cinematográfica en formato curto, para abrir unha fiestra cara ese cinema local e internacional de calidade a cotío vetado ao gran público. Como lembranza do que foron estas xornadas ao longo destes dezasete anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.


Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.


O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.


"El machismo es el miedo de los hombres a las mujeres sin miedo". Eduardo Galeano.


  

"El machismo es el miedo de los hombres a las mujeres sin miedo". Eduardo Galeano.


#Ateneo #SomosCultura #25N #MachismoMata #QuerémonosVivas #FerrolEnNegro #FeminismoParaTransformar

 

Presentación do libro "A irrelioxiosidade en Occidente: a súa historia e vicisitudes". Xoves 24 de novembro ás 19,30 h.

 


 
 
Presentación do libro "A irrelioxiosidade en Occidente: a súa historia e vicisitudes" polo seu autor, Flavio Lopez Lopez acompañado de Jesús Porta Dovalo
 
Xoves día 24 de novembro ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán

"A fuxida do bou Ramón". Exposición Fotográfica ate o 25 de novembro de 2022. Conferencia.

 

"A fuxida do bou Ramón"

Exposición fotográfica ate o 25 de novembro de 2022

Proxección do documental, presentación do libro e visita guiada

Mércores 23 de novembro ás 19,30 h.

 


Presentación do libro ‘A primeira resistencia armada ao golpe militar en Galicia (1936 – 1940)’ do que son autores Eliseo Fernández e Dionísio Pereira.
 
Venres día 11 de novembro ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán
 
Este traballo repasa un tema pouco abordado polos investigadores, como é a “prehistoria” da resistencia armada. As orixes e raíces das que despois serían as grandes organizacións aglutinadoras da resistencia guerrilleira como a Federación de Guerrillas de León-Galiza ou o Ejército Guerrilleiro de Galicia.
 

Related Posts with Thumbnails