A revista cuatrimestral ATENEA comezou a publicarse
o día 1 de outubro de 1999. A publicación da
revista ten unha tirada de 1.000 exemplares distribuíndose de forma gratuíta: a
soci@s desta entidade, a Centros de Ensino, Culturais, Bibliotecas e Centros de
especial interese de Galiza e resto da península.
Está a converterse, logo de moitas dificultades, nun
referente no mundo das publicacións en galego pola gran calidade dos seus
colaboradores, ocupándose dalgúns dos temas clave da sociedade, a política, a
historia, o medio ambiente as artes, ..... A «segunda época» iníciase no número
36
en xaneiro de 2010, que en
principio, sae co contido e liña temática moi similares á primeira etapa, pero
cun cambio no seu deseño, grazas á colaboración dos seus enmaquetadores.
O obxectivo nesta nova fase é primar o carácter cultural desta
«revista de ideas».
A Revista ATENEA procura ofrecer, en cada número,
unha miscelánea de colaboracións rigorosas e atentas aos temas do noso tempo,
para elo conta coa colaboración de autores e autoras de Galicia e do resto da
península, cunha especial atención a todo o concernente á cultura en galego, que
sempre estivo presente na tribuna do Ateneo onde, por riba de todo, se divulgan
todas as inquietudes intelectuais do noso país e danse a coñecer as primicias
de novas correntes artísticas e literarias.
O Ateneo Ferrolán mantense fiel ao seu lema: “Un lugar de
encontro para a cultura”. Un lugar para a curiosidade que é o motor da creatividade
e da ciencia.
Se queres recibir a revista ATENEA, faite soci@, suscribete ou contacta con nós.
1 comentarios :
Se sabe cuando saldrá el número de poesía visual?
Publicar un comentario