#25N Dia Internacional Contra a Violencia de Xenero
O
Ateneo Ferrolán participa da campaña:
"Ferrol
en negro contra a violencia machista"
Campaña: http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/
O
25 de novembro foi declarado Día Internacional contra a Violencia
cara á muller no Iº Encontro Feminista de Latinoamérica e do
Caribe celebrado en Bogotá (Colombia) en xullo de 1981.
Neste
encontro as mulleres denunciaron a violencia de xénero a nivel
doméstico e a violación e o acoso sexual a nivel de estados
incluíndo a tortura e os abusos sufridos por prisioneiras políticas.
Elixiuse
o 25 de novembro para conmemorar o violento asasinato das irmás
Mirabal (Patria, Minerva e Maria Teresa), tres activistas políticas
asasinadas o 25 de novembro de 1960 pola policía secreta do ditador
Rafael Trujillo na República Dominicana.
En
1999, a ONU deu caracter oficial a esta data
A
violencia de xénero é unha secuela que non podemos combater sen a
implicación de todas e todos.
O
venres
dia 25
de novembro
as
19 h. no Ateneo Ferrolán –
Proxeccion
da
pelicula de Ken Loach
“LADYBIRD, LADYBIRD”
Ano
1994
Duración
102
min. País
Reino
Unido
Director
Ken
Loach
Reparto:
Crissy
Rock, Vladimir
Vega, Ray
Winstone, Sandie
Lavelle, Mauricio
Venegas, Clare
Perkins, Jason
Stracey
Sinopse:
Maggie
ten catro fillos, todos de distintos pais e que, debido ao violento
ambiente familiar, están a cargo dos servizos sociais británicos.
Cando Maggie coñece a Jorge, un refuxiado hispanoamericano, albisca
a posibilidade de refacer por fin o seu fogar. Con todo, o seu pasado
segue atormentándoa. Unha vez involucrada na burocracia da
asistencia social, resultaralle moi difícil conseguir a custodia dos
seus fillos, pero Maggie non se dá por vencida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario