Acto da Marcha Mundial das Mulleres en defensa do dereito ao aborto, na sanidade pública.A Marcha Mundial das Mulleres ve necesario un profundo debate social para avanzar na consolidación do dereito das mulleres á soberanía do seu propio corpo e no dereito a tomar libremente as suas propias decisións.
No medio dunha gran ofensiva mediática por parte dos sectores sociais máis integristas e patriarcais, as feministas da Marcha Mundial das Mulleres, achegamos á sociedade espazos e materias para a reflexión.
Intervirán:
- Mariola Mourelo e Marta Rodríguez da Coordenadora Comarcal da MMM na Coruña. Co-editoras da publicación "O Dereito a Decidir: Situación actual e alternativas á despenalización do aborto".
- Lola Ferreiro, médica e docente do IES Lamas de Abade, coordenadora do Grupo Lúa Crecente. Co-autora do proxecto educativo "Coeducación Afectivo-Emocional e Sexual".
O acto será o venres 15 de Maio às 19hs no Ateneo Ferrolán.

Ningún comentario:
Publicar un comentario