A asociación Memoria Histórica Democrática
convídavos á presentación do libro "Málaga: base naval accidental"
de Luis Miguel Cerdera Jiménez
o día
23 outubro ás 19.30 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán
O acto
será introducido e presentado por Enrique Barrera Beitia, a continuación
o autor disertará sobre o libro. Cerdera naceu en El Palo (Málaga) en 1962
e na actualidade exerce como funcionario do Concello de Logroño, é un
apaixoado investigador da guerra civil, especialmente da guerra no mar.
Precisamente a temática do libro desenvolve os acontecementos dos
primeiros meses da guerra civil en Málaga, convertida nunha base
provisional da Escuadra republicana.
O
libro ten especial relación con Ferrol, debido á presenza de numerosos
ferroláns nos buques da flota leal ao Goberno lexítimo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario