Buscar neste blog

17 decembro 2018

XVIII MOSTRA de CURTAMETRAXES 2018. Días 19 e 20 de decembro de 2018 ás 19 h.





 XVIII MOSTRA de CURTAMETRAXES 2018


19 e 20 de decembro de 2018 ás 19 h. no #AteneoFerrolán

Participa e Difunde!!!!


Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos de menos de 20’, preferentemente en lingua galega acompañado dunha ficha cumprimentada cos datos da curta e do director antes do día 30 de novembro para poder engadilos ao programa deste ano.

Normalmente recibimos as curtas a traverso da plataforma vimeo. Se utilizas esta plataforma, necesitamos saber a ligazón á curta máis o contrasinal para poder acceder a ela e coa opción "Descarga" habilitada para que nós a poidamos descargar. Pero tamén estamos totalmente abertos a calquera outro método que utilices (outra plataforma calquera ou se xa está público, a ligazón para poder collelo). Tamén aceptamos correo ordinario ao enderezo físico da nosa entidade.


Os días 19 e 20 de decembro de 2018, levarase a cabo a XVIII MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.



A Mostra de Curtametraxes do Ateneo nace en 2001 coma un espazo de difusión da cultura cinematográfica en formato curto, para abrir unha fiestra cara ese cinema local e internacional de calidade a cotío vetado ao gran público. Como lembranza do que foron estas xornadas ao longo destes dezasete anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.


Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.


O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.

SELECCIONADAS ANO 2018


XVIII "MOSTRA DE CURTAMETRAXES" 2018
AUTOR TITULO DURACION IDIOMA
DÍA 1
José A. Jiménez 3 13' Galego
Uxia Santiago BÁGOAS NEGRAS 16' Galego
Silvia Otero e Andrés Castro METROCABINA 6'24'' Galego
Lautaro Herrera Batallán HOY NO VA A LLOVER 12'21''
Xabier Alconaro EL REDIL DE LOS COBARDES 6'
Jesús Martínez Nota EUSEBIO80 9'
Daniel Romero CAMBIO 9'35''
Javier García CASTING (REMUNERADO) 16'

DÍA 2
Julián Candón CRACK 3'24''
Eiande Setoain EL HOMBRE QUE CONSTRUÍA DRAGONES 8'43''
Macarena Astorga MARTA NO VIENE A CENAR 16'50''
David Rodríguez Muñiz REFUGIADOS 14'
Daniel Olmos Ochoa NÓMADA 15'
Carlos Villafaina SILENCIO POR FAVOR 17'03''
Jorge Naranjo CUMPLEVIDAS 18'20''



2 comentarios:

Anónimo dixo...

Só queda un mes! :)

Anónimo dixo...

Cando poñeredes a programación deste ano?