XVIII
MOSTRA de CURTAMETRAXES 2018
19
e 20 de decembro de 2018 ás 19 h. no #AteneoFerrolán
Facemos
un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas
xornadas, nos acheguen os seus traballos de menos de 20’,
preferentemente en lingua galega acompañado dunha ficha
cumprimentada cos datos da curta e do director antes do día 30 de
novembro para poder engadilos ao programa deste ano.
Normalmente
recibimos as curtas a traverso da plataforma vimeo.
Se utilizas esta plataforma, necesitamos saber a ligazón á curta
máis o contrasinal para poder acceder a ela e coa opción "Descarga"
habilitada para que nós a poidamos descargar. Pero tamén estamos
totalmente abertos a calquera outro método que utilices (outra
plataforma calquera ou se xa está público, a ligazón para poder
collelo). Tamén aceptamos correo ordinario ao enderezo físico da
nosa entidade.
Os
días 19 e 20 de decembro de 2018, levarase a cabo a XVIII MOSTRA DE
CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público
en xeral.
A
Mostra de Curtametraxes do Ateneo nace en 2001 coma un espazo de
difusión da cultura cinematográfica en formato curto, para abrir
unha fiestra cara ese cinema local e internacional de calidade a
cotío vetado ao gran público. Como lembranza do que foron estas
xornadas ao longo destes dezasete anos de andadura dicir que na nosa
programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén
damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.
Nestes
días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que
sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e
galegas en especial.
O
OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e
variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas
están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para
divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica
agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que
atesoura gran calidade.
SELECCIONADAS ANO 2018
SELECCIONADAS ANO 2018
| XVIII "MOSTRA DE CURTAMETRAXES" 2018 | |||||
| AUTOR | TITULO | DURACION | IDIOMA | ||
| DÍA 1 | |||||
| José A. Jiménez | 3 | 13' | Galego | ||
| Uxia Santiago | BÁGOAS NEGRAS | 16' | Galego | ||
| Silvia Otero e Andrés Castro | METROCABINA | 6'24'' | Galego | ||
| Lautaro Herrera Batallán | HOY NO VA A LLOVER | 12'21'' | |||
| Xabier Alconaro | EL REDIL DE LOS COBARDES | 6' | |||
| Jesús Martínez Nota | EUSEBIO80 | 9' | |||
| Daniel Romero | CAMBIO | 9'35'' | |||
| Javier García | CASTING (REMUNERADO) | 16' | |||
| DÍA 2 | |||||
| Julián Candón | CRACK | 3'24'' | |||
| Eiande Setoain | EL HOMBRE QUE CONSTRUÍA DRAGONES | 8'43'' | |||
| Macarena Astorga | MARTA NO VIENE A CENAR | 16'50'' | |||
| David Rodríguez Muñiz | REFUGIADOS | 14' | |||
| Daniel Olmos Ochoa | NÓMADA | 15' | |||
| Carlos Villafaina | SILENCIO POR FAVOR | 17'03'' | |||
| Jorge Naranjo | CUMPLEVIDAS | 18'20'' | |||

2 comentarios:
Só queda un mes! :)
Cando poñeredes a programación deste ano?
Publicar un comentario