A exposición premiada polo MUSEO DO POBO GALEGO na edición deste ano do Concurso de Proxectos Didácticos “Antonio Fraguas” estará no Ateneo Ferrolán do 22 de decembro ao 13 de xaneiro.
Fotos, planos de chalanas, lanchas, traiñeiras, bucetas e botes pulpeiros, entre outros, enchen os paneis que forman a exposición coa que o IES Concepción Arenal optou ao Premio que cada ano convocan a Fundación Antonio Fraguas e o Museo do Pobo Galego.
O feito de que boa parte da poboación galega, mesmo ribeirá, descoñeza a riqueza do patrimonio marítimo galego, levou a profesores e alumnos a elaborar un coidado traballo de investigación que os levou a percorrer moitos quilómetros de costa e parar ata en 64 lugares de interese: carpinterías, museos, confrarías, varadoiros, ramplas, ribeiras, tabernas, ...
Un dos apartados mais salientábeis da exposición chámase, moi graficamente, “O que houbo e se perdeu”. Pódense ver planos e fotos magníficas: un falucho de 11 mts. con vela latina, un traiñón de Viveiro de 15 mts. de eslora ou os patexeiros.
Os coordinadores e coautores da exposición, Bernardo Máiz Vázquez e Enrique Freire Hermida, estarán na inauguración o lúns 22 de decembro ás 20hs. na sala de exposicións do Ateneo Ferrolan.

Ningún comentario:
Publicar un comentario