Semana “Abril Portugués”
Organizan:
Ateneo
Ferrolán e o Dpto. Portugués da EOI
Ferrol
Do 22 ao 26 de abril
no salón de actos do Ateneo Ferrolán
* Martes día 22 ás 19,30 h.
Presentación do libro: 'Emigrantes, exilados e perseguidos. A comunidade portuguesa na Galiza (1890-1940)' de Dionísio Pereira".
* Mércores día 23 ás 19,30 h.
Palestra: Falamos da ILP "Paz Andrade" que
promulga a disseminação da Galiza da língua e cultura portuguesas e que
chegou ao Parlamento galego encostada pela assinatura de 17.000 pessoas.
* Xoves día 24 ás 19,30 h.
Proxección
da película “Aniki Bóbó”. (VO)
Director: Manoel
de Oliveira
Interpretes
António Santos (I) Fernanda Matos Horácio Silva Nascimento Fernandes
Duración 68 m Xénero Drama País Portugal
Ano 1942
Dous nenos, o Carlitos (Horácio Silva) e o Eduardinho (António Santos), gústalles a mesma rapariga, a Teresinha (Fernanda Matos). Un é audaz e atrevido; o outro é de carácter tímido, bo, sosegado. A rivalidade vaise acentuando e, un día, para agradar á súa apaixonada, Carlitos rouba unha boneca. Teresinha séntese inclinada para el até que un día, nunha inocente brincadeira, Eduardinho escorrega por un talud e cae ao lado dun tren que pasa. Todos pensan que Carlitos o empurrou e todos pasan a afastarse del, mentres Eduardinho sofre nunha cama de hospital. Carlitos pensa en fuxir nun barco ancorado de Massarelos, mais todo se esclarece por intervención do dono da tenda das tentacións que vira o accidente e que, no final, tira todas as sospeitas de cima do mozo Carlitos. E os nenos alí puideron de novo xogar aos policías e ladróns, ao xogo do Aniki-Bobó.
* Sábado día 26 de abril ás 12 h.
Sesión Vermú con Jorge Mirancos
Celebrando ABRIL con Jorge Mirancos nunha Sesión Vermú onde haberá, como
sempre, petiscos variados e de balde, cervexas ... e vermú.
Sortearemos tamén os bonos para o cadro de Suso Basterrecehea en apoio ao
Ateneo
Ferrolán
Ningún comentario:
Publicar un comentario