"Arte made in Ferrol" o martes día 29 de decembro ás 20 h. no Ateneo.
Entrada libre.
Entrada libre.
Organiza: Xeración Asociación Cultural
(Asociación
cultural con base en Narón especializada en proxectos de mobilidade e
cooperación internacional).
O finalizar abriremos un pequeno debate sobre a situación da mocidade no sur de Europa.
O proxecto chámase "The found
generation" (A xeración atopada) e consiste nunha serie de entrevistas a
mozos activos (emprendedores, artistas, activistas) dos tres países que
teñen unha historia inspiradora que compartir. A idea consiste en dar a coñecer ideas que están a funcionar a todos aqueles mozos/as que, tras rematar os estudos, non saben que facer coa súa vida.
O documental ten un formato curto (o redor de 20 min) e está grabado en inglés con subtitulos en español, grego e portugués.
Co fin de dar difusión o noso proxecto, temos previsto organizar sendos eventos públicos en Galicia, Lisboa e Kalamata.
A nosa idea consiste en organizar unha velada de Arte made in Ferrol no que poidamos presentar o noso proxecto á vez que tocan dous grupos locais (concertos acusticos).
Info no Diario de Ferrol:
http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/fomento-da-participacion-xuvenil-obxectivo-do-proxecto-xeracion-asociacion-cultural/20151228223815142292.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario