Buscar neste blog

16 decembro 2015

XV Mostra de Curtametraxes Ateneo Ferrolán. 17 e 18 de decembro ás 19 h.

XV Mostra de Curtametraxes Ateneo Ferrolán

17 e 18 de decembro
A Mostra de Curtametraxes do Ateneo Ferrolán, que comezou a súa andaina en 2001, chega á súa XV edición en Ferrol os días xoves 17 e venres 18 no salón de actos do Ateneo, en sesión continua e con entrada libre, entre as 19.00 e as 21.00 horas.

Amosaranse os mellores traballos producidos durante o último ano no xénero, entre eles as curtas de realizadores galegos como "Véndese. Baixo prezo. Pouco uso" de J.A. Blanco, ou "reStart" de Olga Osorio.


A mostra presta especial atención aos autores da comarca na sesión do venres, co pase de traballos que van desde o xénero documental, coa curta "Vivir no Adriano" de Pitusa Arias, até dramas como "Consciente" de Juanpa Ameneiros, ou a comedia de tinte político como "Elección a la fuga", realizada por alumnos do IES Terra de Trasancos de Narón.

Como lembranza do que foron estas xornadas ao longo destes quince anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.

O obxectivo é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade deste tipo de producións audiovisuais. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes que en moitos casos fican agochadas ou inaccesibles para o gran público.


Programa seleccionadas días 17 e 18: 







2 comentarios:

Anónimo dixo...

¿Tedes algún listado de que curtas poránse cada un dos días?

¡Graciñas!

ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) dixo...

Mañá colgarémolo, tivemos úns pequenos problemas e non fumos capaces de sacalo antes, lamentámolo.
Grazas pola atención. Saúde.