Buscar neste blog
07 novembro 2014
Xa temos o disco recompilatorio de SONS DE FERROLTERRA gravado no Ateneo
Xa temos o disco recompilatorio de SONS DE FERROLTERRA
O outono musical inaugúrase co lanzamento deste recompilatorio, onde se reúnen as agrupacións máis representativas da bisbarra.
Microrec Producciones, discográfica musical da Coruña, é a produtora encargada da organización deste proxecto; un disco recompilatorio, que se edita co propósito de dinamizar o sector do canto coral, clásico, moderno e tradicional, da Bisbarra de Ferrolterra.
O obxectivo é promover este xénero musical, fortalecer o sector creando sinerxías e poñer en valor o aspecto cultural, social e etnográfico deste tipo de agrupacións. No disco participan 17 agrupacións, máis de 400 persoas entre músicos e directores, interpretando as pezas máis representativas da Bisbarra de Ferrolterra: habaneiras, boleros, pezas clásicas e tradicionais, como "Niña de Fene" ou "Ferrol, donde yo nací".
Durante dous fins de semana intensivos, todas as agrupacións gozaron dunha sesión de gravación individual, ofrecida de forma gratuíta por Microrec Producciones. As gravacións tiveron lugar no Auditorio do Ateneo Ferrolan e na Casa da Cultura de Neda, institucións que colaboraron no proxecto a través da cesión gratuíta das súas instalacións. Pola súa banda, a Banda Militar do Tercio Norte de Infantería, realizou a súa gravación no Auditorio da Escola de Especialidades "Antonio de Escaño".
Poderán gozar dun avance deste traballo, e ao mesmo tempo descubrir como se levaron a cabo as xornadas de gravación, no making of que encontrarán neste enlace:
https://www.youtube.com/watch?v=jEqyez2sMz0
Ningún comentario:
Publicar un comentario