Buscar neste blog

06 novembro 2014

Conferencia de Xesús Alonso Montero "Santiago Montero Díaz, do marxismo ó fascismo e, de novo, ó esquerdismo”


O Presidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero, estará o vindeiro martes 11 de novembro no Ateneo Ferrolán para pronunciar unha conferencia sobre Santiago Montero Díaz.
O martes 11 de novembro, ás 20 horas, o Presidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero pronunciará unha conferencia no salón de actos do Ateneo Ferrolán baixo o título
 “Santiago Montero Díaz, do marxismo ó fascismo e, de novo, ó esquerdismo”
A conferencia será presentada polo catedrático Xosé María Dobarro, e analizará a controvertida figura do historiador e profesor universitario Santiago Montero Díaz (Ferrol, 1911 – Madrid, 1985), pioneiro do marxismo na Galiza e despois militante das JONS. Nos anos do franquismo, Santiago Montero Díaz adoptou unha postura crítica co réxime e apoiou as mobilizacións estudiantís nos anos 60, motivo polo que foi suspendido por dous anos da súa cátedra universitaria.
Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928) é catedrático de lingua galega, ensaista e foi nomeado presidente da Real Academia Galega en abril do pasado ano 2013. Ten unha extensa obra nos campos da poesía, teatro e ensaio, destacando os seus escritos sobre a situación da lingua galega.
Para o Ateneo é unha grande satisfacción presentar esta conferencia na nosa entidade do presidente da Real Academia Galega, quen manifestou ademáis o seu interese en coñecer de primeira man os problemas polos que atravesa o Ateneo Ferrolán.

Ningún comentario: