Buscar neste blog

25 novembro 2014

Inscríbete no Congreso Hildegart. A celebrar os días 5, 6, 7 e 8 de decembro en Ferrol



Inscríbete no Congreso: http://congresohildegart.blogspot.com.es/

http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2014/07/centenario-de-hildegart-congreso-e.html

O Congreso sobre a figura de Hildegart Rodríguez Carballeira que promove o Ateneo Ferrolán na cidade para os días 5 a 8 de decembro terá eco tamén na Coruña e Madrid a través de dous actos públicos nos que Hildegart será a protagonista.
Na Coruña, a Casa Museo Casares Quiroga acollerá unha presentación do congreso o día 4 de decembro ás 20.00 horas, a cargo de representantes da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica e o Ateneo Ferrolán, entidades organizadoras da cita, e de algún dos investigadores especializados na figura de Hildegart.
Posteriormente, no Ateneo de Madrid terá lugar un acto de homenaxe á pensadora e feminista  o día 9 de decembro, ás 19.30 horas, organizado polo Ateneo Ferrolán, Ateneo de Madrid e a Cátedra de Memoria Histórica del Siglo XX da Universidad Complutense. Na capital española falarán representantes destas tres entidades así como a popular feminista Lidia Falcón. O acto quere lembrar que o día 9 do mes de decembro de 1914 tivera lugar o nacemento de Hildegart en Madrid, cidade onde desenvolveu a súa vida e onde foi asasinada o 9 de xuño de 1933.


http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/coruna-madrid-acolleran-presentacions-do-congreso-do-ateneo-hildegart/20141124223052107821.html

Ningún comentario: