Exposición de Pinturas de LIS "Nueva York"
Do 3 ao 31 de maio
Inauguración venres día 3 de maio ás 20 h.
Lis (José Luis Pérez López, Ferrol, 1944), é un pintor ferrolán, fincado en Lleida fai xa preto de corenta anos. Autodidacta, de pintura impresionista, recibiu varios premios en concursos de pintura rápida en distintas localidades españolas. Traballa fundamentalmente o óleo con espátula, aínda que pode utilizar o pincel con notables resultados. Realiza exposicións en Cataluña e Galicia nos últimos anos con bo éxito de público.
Atrapa Lis o instante preciso, o momento en que a luz e a forma adquiren a súa imaxe mais enaltecedora; con pincelada redonda impregnada de intención e con gran sentido da cor. Lis transmítenos visións precisas, Momentos concretos, nos que a beleza alcanza o seu punto culminante. A súa obra ofrécesenos impregnada de frescura, de fluidez, nunha visión impresionista atrapando o fundamental, pero deixando que todo, coas súas paisaxes e mariñas sexa reconocible, vendo luz, cor e forma e unha obra que é fiel reflexo da súa personalidade creativa, plena de impulso e emoción que sabe transmitir.
M. Losada, xornalista e Crítico de Arte http://www.pintoresgallegos.com/lis/
Ningún comentario:
Publicar un comentario