Presentación
Libro "Actuar aquí y ahora. Repensando la ecología social de Murray
Bookchin" de Floreal M. Romero e prologado por Manuel Rivas
Mércores día 16 de febreiro ás 19 h. no Ateneo Ferrolán
O
colapso que se aveciña non é só o dos seres humanos e a súa contorna,
senón tamén do capitalismo, que pola súa propia natureza é depredador e
de crecemento ilimitado.
Históricamente
desarraigado do social e alimentado pola explotación e a
mercantilización das persoas, agora estende o seu dominio sobre todo o
planeta e todos os dominios da vida. Só desentendiéndonos dunha actitude
fatalista e culpable, recuperaremos o poder de actuar aquí e agora.
Para iso nada mellor que volver ler a Murray Bookchin e entender o
alcance de todos aqueles experimentos e prácticas que se están
desenvolvendo despois del, hoxe en día e ao noso ao redor.
Floreal
M. Romero pinta un retrato do fundador da ecoloxía social e o
comunalismo. Fai un repaso na súa historia, da súa traxectoria crítica e
política. Desde o Estado español a Rojava, pasando por Chiapas, o autor
propón, a partir de exemplos concretos, formas de elaborar a
converxencia das loitas e das alternativas para que xurda un novo
imaxinario como poder anónimo e colectivo.
Este libro, ensaio e
manifesto á vez, é unha análise persoal e singular do pensamento de
Bookchin que resoa moito máis alá da experiencia do autor. Proporciona
consellos prácticos sobre como saír do capitalismo e non resignarse ao
colapso inminente
0 comentarios :
Publicar un comentario