Buscar neste blog

07 marzo 2015

Mesa Redonda: IGUALDADE e EMPODERAMENTO: Accións e propostas. Mércores 11 ás 20 h.




Acto polo 8 de marzo. Día Intenacional das Mulleres

O Ateneo Ferrolán organiza unha mesa redonda baixo o titulo:

IGUALDADE e EMPODERAMENTO: Accións e propostas

O mércores 11 de marzo no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán as 20h.

Desde o Ateneo Ferrolán, queremos sumarnos aos actos conmemorativos do Día Internacional das Mulleres, facendo un acto onde presentaremos distintos proxectos de empoderamento da muller, entendendo que só desde o empoderamento de cada unha das mulleres podemos acadar unha socidedade xusta e igualitaria.

Presentaremos ao grupo de traballo pola igualdade do CEESG (Colexio de educadoras e educadores sociais de Galicia) “As Fiaderias”, a Revista Feminista “Revirada” e a Libraría de Mulleres Lila de Lilith.

Tres proxectos diferentes, un mesmo obxectivo:
a visibilización das mulleres nunha sociedade patriarcalizada.


Intervirán:

  • Noelia Darriba, do grupo de traballo pola igualdade do CEESG “As Fiadeiras”
  • Giada Maria Barcellona, integrante da equipa da Revista Feminista "Revirada"
  • Llerena Perozo Porteiro, colaboradora da Libraría de Mulleres “Lila de Lilith”



Ateneo Ferrolán

Ningún comentario: