Buscar neste blog

17 xaneiro 2016

Martes de Cine. Ciclo de CINE do Ateneo: "Haxa Paz!". Martes ás 19 h.



As proxeccións son os MARTES ás 19:00hs. no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán; a entrada é de balde.



MARTES DE CINE
CICLO de CINE do Ateneo: "Haxa Paz!"
 - Martes día 12 de xaneiro ás 19 h. – “Feliz navidad”

Ano 2005              Duración 115 min.               País Francia
Director Christian Carion
Reparto Diane Kruger, Benno Fürmann, Daniel Brühl, Guillaume Canet, Gary Lewis,
Xénero Drama

Sinopse
    Baseada nunha historia real sucedida durante o Nadal de 1914, a principios da Primeira Guerra Mundial (1914-1918), cando en diferentes zonas do fronte soldados alemáns, franceses e escoceses enterraron as súas diferenzas e os seus mortos e celebraron a Noiteboa xuntos.

- Martes día 19 de xaneiro ás 19 h. – “La vida es un milagro”

Ano 2004              Duración 155 min. País  Serbia y Montenegro
Director: Emir Kusturica
Reparto Slavko Stimac, Natasa Tapuskovic, Vesna Trivalic, Vuk Kostic, Aleksandar Bercek, Stribor Kusturica
Xénero Comedia.

Sinopse
    Bosnia, 1992. Luka, un enxeñeiro serbio de Belgrado, instalouse nunha casa illada coa súa muller Jadranka, cantante de ópera, e o seu fillo Milos. Luka está a se preparar para construír unha vía ferroviaria que fará da rexión un paraíso turístico. Pero, cegado polo seu traballo e polo seu natural optimismo, Luka non presta atención aos persistentes rumores dunha guerra civil inminente.

- Martes día 26 de xaneiro ás 19 h. – “El puente”

Ano 1959              Duración 105 min.               País  Alemania del Oeste (RFA)
Director Bernhard Wicki
Reparto Folker Bohnet, Fritz Wepper, Michael Hinz, Frank Glaubrecht, Karl Michael Balzer,
Xénero Bélico

Sinopse
    Alemania, 1945. Últimos meses da Segunda Guerra Mundial. O conflito pódese dar case por concluído, pois o país foi invadido polas tropas aliadas. Xa non quedan soldados adultos que defendan as posicións, tan só adolescentes. Nunha pequena cidade, un grupo de mozos recibiu a orde de protexer unha pequena ponte. Enardecidos ante a idea de defender ao seu país, e entusiasmados pola ideoloxía nazi de "sangue e honra", os mozos dispóñense a cumprir as ordes recibidas

- Martes día 2 de febreiro ás 19 h. – “In the loop”

Ano 2009              Duración 106 min.               País  Reino Unido
Director Armando Iannucci
Reparto Chris Addison, Tom Hollander, Peter Capaldi, Anna Chlumsky, Gina McKee
Xénero Comedia

Sinopse
    Todo empeza cando o Presidente dos Estados Unidos e o Primeiro Ministro británico deciden iniciar unha guerra. Non todo o mundo cre que sexa unha boa idea. Pero cando Simon Foster, o Secretario de Estado Británico, apoia accidentalmente a guerra en horario de máxima audiencia na televisión, gáñase sen querelo moitos amigos en Washington DC.

Ningún comentario: