Buscar neste blog

21 xaneiro 2016

Charla Informativa: Tratado de Libre Comercio EEUU-UE. Venres día 29 ás 19 h.


Charla Informativa: Tratado de Libre Comercio EEUU-UE

venres día 29 de xaneiro ás 19 h. no salón de actos do Ateneo
Organiza ECOAR. Entrada libre.

O Grupo Xeral de (Contra)discurso ECOAR))) ofréce esta palestra, enmarcada na campaña global STOP TTIP, e que ten como punto central a análise e difusión das nefastas consecuencias que teñen os tratados de libre comercio (TTIP, TISA, CETA...) sobre as persoas e a biodiversidade. 

Con esta iniciativa pretendemos achegar á cidadanía, a través dun enfoque crítico, que é o que vai supor a aprobación dos tratados de libre comercio. Buscamos que a xente comprenda como lle van afectar na práctica a posta en marcha de ditos acordos e, ao tempo, que outro tipo de alternativas poderían construírse.
 

  contradiscurso@ecoarglobal.org

Ningún comentario: