A Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, este sábado 27 de Xaneiro, ás 5 da tarde, realizará, no Castelo de San Felipe, un sinxelo acto en lembranza de Amada García e os seus sete compañeiros, asasinados nese lugar pola Ditadura franquista, en tal data do ano 1938, pola súa militancia política de esquerdas e a súa defensa dos ideais republicanos de progreso e xustiza social.
A continuación, como cada aniversario, acompañaremos á familia de Amada ao Cemiterio de Serantes, para facer una ofrenda floral onde foron soterrados.
Convidamos aos nosos/as socias e socios e a cantas persoas o desexen a sumarse a estes actos.
Acusados de "Rebelión Militar," ese 27 de xaneiro de 1938, foron fusilados no foxo do Castelo de San Felipe e soterrados no Cemiterio de Serantes:
- Antonio Eytor Cañizo, de 57 anos, carpinteiro, Concelleiro de Izquierda Republicana en Mugardos.
- Jaime González Pérez, de Ares, 31 anos, solteiro, dependente na farmacia do seu pai.
- Germán López García, de Caamouco - Ares, 50 anos, da UGT.
- José María Montero Martínez, de Mehá, Mugardos, 39 anos, casado, enterrador.
- Ramón Rodríguez López, de Caamouco, Ares, 38 anos, da Fronte Popular.
- Ángel Roldós Gelpi, de Mugardos, 50 anos, casado, mestre nacional, afiliado a Izquierda Republicana.
- Juan José Teijeiro Leira, de Mugardos, 42 anos, casado, 1 fillo, mariñeiro, militante do PCE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario