Buscar neste blog

24 xaneiro 2024

Exposición fotográfica do colectivo Ollo de Vidro "Vira-Vidas". Do 1 de febreiro ao 29 de marzo.

 

Exposición fotográfica "Vira-Vidas" do Colectivo Ollo de Vidro.
Data: 1 de febreiro ao 29 de marzo
Hora: 17 a 21 horas.
Lugar: Sala de Exposicións (1º andar) do Ateneo Ferrolán

 

 

MÁIS NATUREZA, MENOS EÓLICOS


Esta exposición pretende ser un aporte crítico á  reflexión sobre a implantación masiva de xeradores eólicos no noso país. Como calquera nova tecnoloxía é preciso que estea ao servizo da comunidade e non de grupos económicos hexemónicos, que impiden a auto xeración de enerxía por parte de grupos e comunidades pequenos, auto suficiencia enerxética. É preciso non estragar o medio ambiente no que habitamos porque é vital para a nosa subsistencia. Entendemos que é necesario encontrar fontes de enerxía limpa e sostible pero non a costa de sacrificar outros recursos naturais e medioambientais, polo que habería que acordar con campesiños, mariñeiros, ecoloxistas, e representantes da poboación, os lugares máis acaídos para estas instalacións.

Aspectos negativos e positivos desta forma de  transformar a enerxía eólica en eléctrica. Algúns dos aspectos negativos son:

- Forte impacto medioambiental, morte de animais, como aves e morcego.
- Impacto visual na paisaxe.
- Alterar o equilibrio térmico natural.
- Ocupan moita superficie do territorio.
- Xeran ruído ambiental, con consecuencias para persoas e animais.
- Problemas de reciclaxe das palas.
- Pouca eficiencia.
- Na fabricación dos eólicos xérase residuos contaminantes.
- A rede subterránea de condución e distribución de enerxía inhabilitada unha parte
importante do territorio.
- Consecuencias negativas sobre o patrimonio cultural (petróglifos, castros, vías
romanas, etc).
- Forte impacto nos acuíferos, cabeceiras de ríos, brañas, etc.

Algúns aspectos positivos son:
- É unha forma de enerxía sostible, a curto prazo
- Non xera residuos, na transformación
- Contribúe a non dependencia de combustibles fósiles, polo tanto non contribúe ao
incremento de emisións de efecto invernadoiro


A natureza
Temos que amar a campía
e non lle facer aldraxe.
Non encher de porquería
a beleza da paisaxe...!
O que ama a natureza
ten que respetarlle a vida.
Non hai meirande beleza
nin emoción tan cumprida.
A natureza é amiga
e dános o seu amor:
dende a gracia dunha espiga
ao río marmurador...!
A nutereza é un ben
é compañeira e irmán.
É pró home sempre ten
o seu corazón na man...!


Manuel María

Ningún comentario: