Buscar neste blog

15 setembro 2025

Homenaxe ao pintor Francisco Miguel

Homenaxe no Ateneo Ferrolán sobre o pintor Francisco Miguel, a cargo do investigador Miguel Anxo Fernán Vello O vindeiro martes, 16 de setembro de 2025, ás 19:00 horas

 O Ateneo Ferrolán acollerá a conferencia “Francisco Miguel, vida, arte e crime”, impartida polo escritor, editor e investigador Miguel Anxo Fernán Vello. O acto forma parte do ciclo divulgativo “A vangarda arrebatada”, organizado pola Deputación da Coruña e a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), en colaboración coa Asociación Fuco Buxán e o propio Ateneo Ferrolán. 

A presentación correrá a cargo do poeta e crítico de arte Xulio Valcárcel. Sobre Francisco Miguel

 O pintor Francisco Miguel (A Coruña, 1897 – Carballo, 1936) foi unha das figuras centrais da arte galega nas primeiras décadas do século XX. 
Vencellado ao núcleo coruñés que daría lugar á revista Alfar, a súa traxectoria transcorreu entre a vangarda e a figuración propia da arte europea de entreguerras.

 Nas súas viaxes por Europa e América mantivo contacto cos principais artistas da época, consolidando unha obra que situaba Galicia no mapa das vangardas internacionais. 


 Detido tras o golpe militar de xullo de 1936, foi asasinado polos sublevados fascistas. O seu corpo permaneceu oculto ata a súa exhumación no ano 2023, promovida pola ARMH. O vindeiro 29 de setembro, celebrarase en A Coruña un acto cívico de homenaxe e enterro no cemiterio de San Amaro. Datos do evento Data: Martes, 16 de setembro, 19:00 h Lugar: Ateneo Ferrolán (rúa Magdalena 202-204, Ferrol Poñente: Miguel Anxo Fernán Vello, escritor e editor Presenta: Xulio Valcárcel, poeta e crítico de arte Colaboran: Asociación Fuco Buxán e Ateneo de Ferrol Entrada libre ata completar aforo. Pódese visitar o ambigú

Ningún comentario: