Exposición Fotográfica "Capturando a Natureza". Do 4 de decembro ao 31 de xaneiro.

Álvaro Lamas, co seu proxecto Lost in Woodlands Photography, presenta novamente a súa exhibición titulada "Capturando a Natureza".
Despois de percorrer varios lugares da área de Ferrolterra e Ortegal, a exposición estará aloxada desde o 4 de Decembro ata o 31 de Xaneiro no Ateneo Ferrolán, situado na Rúa Magdalena 202-204 en Ferrol, A Coruña.

Capturando a Natureza nos achega algúns dos lugares máis emblemáticos da
comarca de Ferrolterra, Ortegal, a Mariña Lucense e as veciñas Asturias e
Cantabria a través das imaxes do fotógrafo. Paisaxes dunha inigualábel beleza retratadas pola súa particular visión e interpretadas dunha forma única para esta exposición que cerra o un 2023 con moitos kilómetros percorridos.


A mostra está composta por unha vintena de imaxes impresas en Aluminio Dibond de 50x75cm, un formato que se caracteriza pola sua gran definición, nitidez, calidade de imaxe e elegancia.

En palabras do propio autor:

“Capturando a Natureza pode que sexa un título moi xenérico pero tamén representa a esencia mesma detrás do meu proxecto. Capturar aqueles lugares e paisaxes naturais que me sorprenden pola súa beleza, o seu esplendor, a súa maxia ou o seu encanto. Nalgunhas ocasións se trata de grandes paisaxes con estrépitas fervenzas ou xélidos lagos de montaña que te deixan sen alento ou solpores en acantilados que dan unha vértixe terrible. Sen embargo, noutras un diminuto cogomelo agochado tras unhas follas, pode significar o mundo enteiro e facer que pase media mañá no chan ata conseguir capturalo.”

Ademais, nesta mostra haberá material que non foi exposto ata a data, ampliando así o seu proxecto fotográfico e a cantidade de obras que conforman a exposición.

Evento: Inauguración da Exposición Fotográfica "Capturando a Natureza"
Data: 4 de Decembro de 2023
Hora: 19:00
Lugar: Salón de Actos do Ateneo Ferrolán


A exposición estará aberta ao público desde o 4 de Decembro ata o 31 de Xaneiro no horario habitual do Ateneo Ferrolán.

Máis información sobre o proxecto Lost in Woodlands Photography:

Sitio web: Lost in Woodlands
Instagram: Lost in Woodlands en Instagram
Facebook: Lost in Woodlands en Facebook

 

 



0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails