En xuño de 1983, o Ateneo Ferrolán inauguraba a súa actual sede cun denso programa que catalizou a actividade cultural da cidade. No acto inaugural participaron Isaac D. Pardo, Filgueira Valverde, Lueiro Rey, Ramón Piñeiro e Carvalho Calero

https://archive.org/details/h-29-conferencia-diaz-pardo-carvalho-calero-filgueira-valverde-lueiro-rey
Despois de sete anos da súa refundación (1976) o Ateneo
dispoñía do seu local cultural, no cal, membros da propia entidade
colaborarían na rehabilitación do inmoble (do s. XVIII) situado no
histórico barrio da Magdalena
O conselleiro de Cultura (#FilgueiraValverde), o presidente da Xunta de Galicia Fernández Albor, alcaldes da comarca, personalidades da cultura, tanto civil como militar, e público en xeral asistiron a dita inauguración.
Xente
da cultura local como Guillermo Llorca Freire, Eduardo Fra Molinero ou
Jose A. Ponte Far salientaron, na prensa, a importancia do Ateneo para a
cidadanía e a cultura popular galega.
Cúmprense 40 anos daqueles actos, cúmprense 40 anos dun "espazo aberto para a cultura".
0 comentarios :
Publicar un comentario