Avance Programación Cultural no Ateneo Ferrolán
* ESCOLA de TEATRO dirixida por Plamen Dipchikov – Martes e xoves de 18 h. a 20 h.
8 de outubro preestreno obra teatral e 15 de outubro estreno da obra da nosa Escola de Teatro
* CLUB de LECTURA dirixido pola profesora Anxeles Seoane tódolos primeiros martes de cada mes – Martes 6 de outubro de 17,30 h. a 19 h.
* MARTES de CINE – Ciclos de Cine todos os martes ás 19 h.. Comezo martes día 6 de outubro.
* EXPOSICIÓNS OUTUBRO: Pinturas “Catro médicos por Ferrol”. Do 2 ao 30 de outubro.
O grupo “Catro médicos por…..”, esta formado por catro compañeiros médicos: Tino Cuesta (Oroso), Leo Mendez (Vigo), Pablo Galego (Santiago) e Xesus Vazquez (Lugo).
* PRESENTACIÓNS LIBROS:
- Mércores día 23 de setembro ás 19,30 h. “Soldados de Franco” de Francisco Leira, doutor en Historia. "Soldados de Franco" (Siglo XXI) versa sobre os reclutados forzosos en Galicia na guerra civil. Participará o autor e tamén Lourenzo Fernández Prieto.
-
Xoves día 24 de setembro ás 20 h. Presentación do libro
"DramaturGA 20. 11 textos breves". Coordinado por Julio
Fernández e Franciso Oti Ríos.
Haberá unha lectura
dramatizada dalgún dos textos polo grupo Fura Fura Teatro
- Venres día 2 de outubro ás 19,30 h. Presentación do libro "Náufragas no mar e na terra" poemario da autora Elisabeth Oliveira que estará acompañada por Eugénia Sanmartín (actriz e cantora).
- Xoves día 22 de outubro ás 19,30 h. Presentación libro "El sueño de Julia y otros relatos" de Angel Ruiz de Velasco presentado xunto a Guillermo Llorca
* BIBLIOTECA-HEMEROTECA:
O Ateneo Ferrolán mantén aberta libre e gratuítamente a súa Biblioteca-Hemeroteca, sendo a única hemeroteca de Ferrol e Comarca. Facilita aos seus usuarios coñecementos e información mediante unha colección organizada de documentos, así como a través dos novos sistemas de información e tecnoloxías, que garante o acceso libre e directo ao coñecemento, á información, ao ocio e á cultura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario