Presentación libro: "Soldados de Franco" de Fran Leira Castiñeira
Publicado por Siglo XXI Editores
Mércores día 23 de setembro ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán
O mércores 23 de outubro, preséntase Soldado de Franco. Recrutamento forzoso, experiencia de guerra e desmobilización militar, do historiador ferrolán Francisco J. Leira Castiñeira, (Histagra- Universidade de Santiago) no Ateneo Ferrolán. Estará acompañado polo presidente do Ateneo Ferrolán, Xabier Dongil; polo catedratico da Universidade de Santiago de Compostela, Lourenzo Fernández Prieto, y Aurora Artiaga Rego, profesora da Universidade de Santiago de Compostela.
O libro mereceu o Premio Miguel Artola de Historia 2018, o premio en Ciencias Sociais Juana de Vega 2012 e una mención honorífica no concurso de ensaio histórico George Watt da ALBA-VALB de Nova Iorque.
Sinopse: O golpe de estado de xullo de 1936 partiu España en dous, configurando un taboleiro de terror, miseria e morte que daría fin á República e sustento á ditadura. No territorio sublevado, os soldados de Franco a miúdo non eran adeptos convencidos, senón meros peóns obrigados a loitar polo devir dunha España na que o único elemento de cohesión ía ser o medo. Desvélase como o Exército sublevado formouse mediante levas forzosas e desmitifica a historia, unha e outra vez repetida, de que media España alzouse contra a República por cuestións ideolóxicas ou políticas. Soldados de Franco é o relato de cómo o ditador situou ao país ante un terrible dilema: converterse en verdugos ou morrer.
Francisco J. Leira Castiñeira é doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela que mereceu o Premio Miguel Artola para teses doutorais en Historia Contemporánea, prestixioso galardón que convoca anualmente a Asociación de Historia Contemporánea en colaboración co Centro de Estudos Políticos e Constitucionais do Ministerio de Presidencia. Máster en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Ciencias Documentais pola Universidade da Coruña, foi visiting fellow na University College Dublin - Center War Studies. Entre outros recoñecementos, o autor recibiu así mesmo o Premio en Ciencias Sociais Juana de Vega, así como unha mención honorífica no concurso de ensaio George Watt da ALBA- VALB de Nova York, ambos por avances desta investigación en 2012.
Ningún comentario:
Publicar un comentario