Adeus! Carmelo


CARMELO TEIJEIRO MENENDEZ
Finou o día 5 de Febreiro de 2008 ás 14,30 horas.

Adeus amigo, recibimos aínda onte o teu aviso electrónico da chegada do gaseiro nº14. Non poido entrar pola forza do vento. O vento do nordés non permitiu que atracara na Planta de Gas de REGANOSA en Mugardos. Este gaseiro monocasco (Cheikh el Mokrani), que algunhas fontes marcan como incompatíbel coa terminal de Mugardos, queda en espera da próxima marea. O último alento de Carmelo xuntouse ao nordés para demostrar unha vez mais a loucura e sen razón da localización de REGANOSA no medio dunha Ría onde se pon en perigo a vida de miles de persoas e a riqueza marisqueira. Ti non puideches continuar loitando por TOD@S. Non puideches ver o final desta monstruosidade, deste atropelo, pero imos seguir coa túa bandeira. Esperamos poder brindarche pronto éxito que ti tanto desexabas.

Dende o ATENEO FERROLÁN unha grandísima aperta de condolencia a súa dona Victoria e aos seus fillos.

Serviunos e seguirá servíndonos de exemplo e guía para acadar os obxectivos comúns.
Invitamos a toda a sociedade, cidadás e cidadáns, asociacións, entidades e institucións, a mostrar a solidariedade coa súa persoa a súa acción e o seu pensamento, participando nas súas honras fúnebres que terán lugar:

Mércores 6 de Febreiro ás 18 h. no Cemiterio de Catabois (Ferrol)
Velatorio: Tanatorio Artabria – nº 5 – (A Gándara – Ferrol)


0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails