Marzo: Ciclo "Mulleres directoras"

As proxeccións serán os:
Martes ás 19:30hs. no Ateneo Ferrolán.



4 de marzo: “LA PIEL” de Liliana Cavani (1981)
Intérpretes: Claudia Cardinale, Burt Lancaster, Marcello Mastroianni
Duración: 130 min.
Sinopse: Nápoles, 1943. A cidade acaba de ser liberada polas tropas americanas nunha época na que ninguén sabe cando acaba a guerra nin onde empeza a paz; vencedores e vencidos enfróntanse. As mulleres prostitúense, as nais venden aos seus fillos, os prisioneiros alemáns véndense a prezo de ouro.


11 de marzo: “LAS VÍRGENES SUICIDAS” de Sofía Coppola (1999)
Intérpretes: James Woods, Kathleen Turner, Kirsten Dunst, Josh Hartnett, Scott Glenn, Michael Paré, Danny DeVito, Chelsie Swain, A.J. Cook, Hanna R. Hall
Duración: 97 min.
Sinopse: Corren os anos setenta. Nun tranquilo barrio dunha cidade de Estados Unidos vive a familia Lisbon, dous autoritarios e rectos pais con cinco fermosas fillas que provocan os desexos de todos os mozos da zona. Sen embargo toda a inocencia, beleza e harmonía do lugar estala en anacos cando comeza unha traxedia, con sinais de maldición, que marcará a vida non só da familia, senón tamén dos mozos que naqueles anos soñaban cos seus loiros cabelos e as súas miradas turbadoras.


18 de marzo: “POR RUMBAS Y A LO LOCO” de Martha Coolidge (1997)
Intérpretes: Jack Lemmon, Walter Matthau, Dyan Cannon, Gloria DeHaven, Brent Spiner, Elaine Stritch, Hal Linden, Donald O’Connor, Edward Mulhare,
Duración: 104 min.
Sinopse: Charlie é un xogador nato que goza co xogo e vive permanentemente en bancarrota. Tras un novo fracaso, convence ao seu cuñado para embarcar nun cruceiro e poder conseguir os favores dunha muller adiñeirada.


25 de marzo: “HOLA, ¿ESTÁS SOLA?” de Icíar Bollaín (1995)
Intérpretes: Alex Angulo, Antonio de la Torre, Arcadi Levin, Candela Peña, Daniel Guzmán, Elena Irureta, Pedro Miguel Martinez, Silke,
Duración: 90 min.
Sinopse: Esta é a historia dunha viaxe e unha amizade entre dúas mozas, Niña e Trini, ambas cun pasado precario de afecto, un presente sen nada que perder, e un futuro tan aberto como elas queiran.
No camiño o compartirán todo: o amor por Olaf, un ruso que non fala castelán; unha grande decepción, Mariló, a nai de Niña.
Nesta viaxe Niña atopa un amor e pérdeo, reencontra a súa nai e pérdea, pero tamén atopa unha amiga, e esta será para sempre.

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails