Buscar neste blog

21 xuño 2010

Comunicado da Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán sobre o Constantino Bellón

A Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán expón aos seus socios e socias e á cidadanía en xeral:

Este ano 2010 non podemos realizar o noso Concurso Internacional de Gaita Galega "Constantino Bellón" por mor:
  1. Dos recortes orzamentarios.
  2. O abandono dalgúns apoios institucionais.
  3. O escaso marxe de tempo dende o remate da 19 edición en marzo 2010.
  4. A tardanza en recibir resposta das entidades ás que solicitamos axuda.
Todos estes condicionantes imposibilitaronos para desenvolver en tempo e forma a convocatoria para este 2010. 
Recoñecemos o apoio do Concello de Ferrol que foi determinante para poder realizar a pasada edición aínda con atrancos e retrasos, e que tamén apoiará a edición do CD da 19 edición que sairá en breve. 
Traballaremos para levar a cabo a próxima 20 edición do "Constantino Bellón" nas datas de sempre no ano 2011.
A Xunta Directiva

Ningún comentario: