O Ateneo Ferrolán apoia a Lumeirada d'A Revolta 2010 en Caranza onde tamén queimará as malas meigas [sobrantes do vello edificio] desta entidade con motivo das, por fin, obras de rehabilitación da nosa sede.
O Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos, organiza, como é
habitual desde hai xa 13 anos unha lumeirada para celebrar o solstício de
verán. O lume vai ser o grande protagonista nesta noite meiga e de
divertimento, onde celebraremos a chegada do verán, na noite mais curta
do ano. Outro dos protagonistas
vai ser, nesta ocasión, o Povo Saaraui, pois a recadación que se consiga
na festa vai ir íntegra para o programa "Vacacións en Paz", programa no
que participan algúns integrantes d'A Revolta.
O Solstício de Verán 2010 celebraremo-lo prendendo lume a unha grande
fogueira, mais non faltará a festa con sardiñas, chourizos, pan, viño,
cervexa, danzas, música, ...
Como non podia ser doutro xeito, a Lumeirada
d'A Revolta 2010, vai ter
lugar a Cuarta-Feira [Mércores],
23 de Xuño, na ribeira de Caranza, nas imediacións da Rua Cartagena, no
antigo campo de terra batida, desde as 6 da tarde ata a madrugada do
día seguinte.
- Nove veces hai que saltar a fogueira recitando os benefícios que
queres ou os males que queres espantar, para que cumpra o lume os seus
poderes na noite meiga.
- Mais tamén hai quen pon o cacho da noite das lumeiradas, ervas medicinais e aromáticas con auga, deixadas nunha tina ao rocio da noite, para o aseo purificador da maña.
Ver Lumeirada da Revolta nun mapa máis grande
Ningún comentario:
Publicar un comentario