/*-- (script remplaza fecha) --*/

Participa no especial: "A cultura como alimento contra a crise"


O Ateneo Ferrolán, volve a poñer á vosa disposición a Revista "ATENEA" para que enviedes un traballo en idioma galego baixo a temática:

"A cultura como alimento contra a crise"

Proxectos para accións, unha canle de expresión para todas as artes: poesía, narrativa, pintura, fotografía, debuxos, poesía visual, gravados...... e, de quedar seleccionado, publicarémolo na Atenea nº44 de abril-maio-xuño 2012.

De estar interesado/a, ponte en contacto con nós ou envíanos por correo electrónico o teu traballo facendo constar o teu nome, enderezo e contacto antes do 23 de marzo de 2012.

Participa na II MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO


O próximo día 21 de marzo de 2012 ás 19,30 horas, levarase a cabo a II MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO organizadas polo Ateneo Ferrolán e que nacen no 2011 como plataforma para impulsar e difundir os documentais en galego. 

Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nesta MOSTRA, nos acheguen os seus traballos en formato DVD, acompañado dunha ficha cumprimentada cos datos do documental.
Farase unha selección cos documentais presentados.

GRAZAS POR PARTICIPAR!

Revista Atenea nº43 [Un conto de nadal atípico para unha nenez atea]



Revista Atenea [a revista do Ateneo Ferrolán] nº43 de Xaneiro-Febreiro-Marzo de 2012

Programa das XI Xornadas de Curtametraxes


En primeiro lugar, desde o ATENEO FERROLÁN organizadores das XI Xornadas “Mostra de Curtametraxes” (dende o ano 2001) agradecer a vosa participación, fundamental para consolidar o éxito destas Xornadas.

A tod@s os que enviáchedes as vosas obras e confiades no proxecto cultural que dende o Ateneo Ferrolán levamos a cabo, GRAZAS!.

Related Posts with Thumbnails