Con motivo da presentación do libro que recolle a actividade teatral do Teatro Estudio de Ferrol con ampla información sobre a súa traxectoria, o Ateneo Ferrolán, o Club de Prensa de Ferrol e a Asociación Cultural Fuco Buxán, organizan, coordinan e participan nunha semana de actividades como homenaxe ao grupo teatral activo na cidade durante a década dos anos sesenta.
Da importancia e do alcance que tivo o Teatro Estudio daremos cumprida información durante unha semana para termos referentes teatrais e culturais da sociedade ferrolá cun programa que pretende profundar na nosa historiografía teatral.
DÍA 9 DE ABRIL
(ás 19:00)
O Teatro no Ensino,algunhas
experiencias en Ferrol.
Presenta:
Fer Ocampo
Interveñen:
José Antonio Ponte Far
Concelleiro de Cultura do Excmo. Concello de
Ferrol.
Mª do Pilar Patiño
Organizadora de Teatro con “G” da
Coordinadora de Equipas de Normalización
lingüística de Ferrolterra.
Belén Roca
Coordinadora teatral do Instituto Concepción
Arenal.
Ánxeles Seoane
Profesora de Lingua Española e
literatura do Instituto Concepción Arenal e
Directora artística de Teatro Estudio
“Xente Nova” entre 1991 e 2006.
DÍA 10 DE ABRIL
(ás 19:00)
Teatro Estudio, Prensa e Crítica.
Presenta:
Francisco Oti Ríos
Interveñen:
Xulia Díaz Sixto
Xornalista e Presidenta do Club de Prensa de
Ferrol.
Rafael Permuy
Xornalista e crítico teatral.
Ricardo Sandoval
Xornalista e crítico teatral
DÍA 11 DE ABRIL
(ás 19:00)
Teatro e acción cultural.
Interveñen:
Polo Ateneo Ferrolán:
Xabier Montero Dongil
Pola asociación Cultural Fuco Buxán:
Helga Méndez
Pola Asociación de Amigos do Teatro Jofre:
Gonzalo Rodríguez
Polo Padroado da Cultura do Concello de
Narón, o Director Técnico:
Luciano Fernández Vicente
Pola Academia Galega de Teatro:
Imma Antonio Souto
DÍA 12 DE ABRIL
(ás 19:00)
Presentación do libro:
Teatro Estudio de Ferrol
Presenta:
Carlos Caetano Biscainho Fernandes
Doutor en Filoloxía Galego-Portuguesa, é
profesor titular na Facultade de Filoloxía
da Universidade da Coruña; Coordinador do
equipo investigador do proxecto:
Recuperación do Patrimonio Teatral de Galiza
(1936-1973).
Interveñen:
Eduardo Alonso Rodríguez
Director e autor teatral.
Francisco Oti Ríos
Dramaturgo e Autor do libro.
DÍA 13 DE ABRIL
( ás 12:00)
Actuación musical
e
Homenaxe ao Teatro Estudio
coa
Proxección da película
"As Muletas"
Escrita e dirixida por Eduardo Alonso e
rodada en Ferrol coa participación do Teatro
Estudio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario