Buscar neste blog

05 abril 2024

Presentación libro "Pasado arrincado: lugares de memoria democrática de Galicia". Luns 8 de abril ás 19:30



Presentación do libro "Pasado arrincado. Lugares de memoria democrática en Galicia", coordinado por Emilio Grandío, edita Galaxia.

Relatores: Emilio Grandío e Eliseo Fernández. Presentado por Xabier Montero Dongil (presidente do Ateneo Ferrolán)
Data: Lúns 8 de abril ás 19:30 h.
Lugar: Salón de actos do Ateneo Ferrolán


Un espazo. Un recordo. Os lugares de memoria son por riba de todo espazos físicos, tanxibles,  que se enchen de contido. Os artigos que compoñen este libro son unha escolma simbólica do traballo  que aínda queda por facer no ámbito desta recuperación. Un Pasado arrincado que esquecemos, en parte  porque faltan preguntas.

O proxecto ten a vontade de mellorar o enfoque interpretativo nesta temática, ampliando o recordo tanto sobre o que nos lembra a violencia represiva como sobre o que sirva para sementar a conciencia  de construción dun futuro en colectivo; dos traballos, do compromiso de moita xente que fica invisible.

Un coñecemento colectivo que non debe ser estático, porque co estudo sobre o pasado aprendemos sobre  nós mesmos: na nosa calidade colectiva como sociedade democrática.

Para ampliar información, pódese acceder on line ás localizacións, imaxes e rutas, ademais de a unha  base de datos indexada temática e cronoloxicamente en: https://memoriasvivas.es, e unha guía docente na sección de “Materiais” na web de Editorial Galaxia. 



Ningún comentario: