Facémonos partícipes do Día de Rosalía de Castro,
que se celebra o 24 de febreiro, día do nacemento da nosa autora.
No Ateneo Ferrolán celebrarémolo cun acto este venres día 24 ás 20 h. no que participarán Rosa Martínez, Aurora Varela, Antón Cortizas e Rosa Méndez.
Aberto o espazo por se alguén quere sumarse e ler algún
poema da nosa ilustre autora.
Desde o profundo da voz e co seu canto radical e solidario, Rosalía de Castro mobiliza a nosa conciencia colectiva, galega e universal.
A obra de Rosalía, adiantada ao seu tempo, fala tamén para a mocidade do século XXI: adáptase, camaleónica, a todos os soportes e medios de difusión tecnolóxica, en papel ou dixitais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario