Presentación video sobre Xoán Beceiro Amado. Martes 13 de xuño ás 20 h.



O martes día 13 de xuño ás 20 h. no #AteneoFerrolán haberá a presentación dun video sobre Xoán Beceiro Amado, primeiro tradutor de "El Quijote" ao galego. 
Falará Siro López


Coa presentación deste vídeo, realizado por Carlos Laíño, sobre a vida e a obra literaria do xeneral ferrolán Xoán Beceiro Amado, primeiro tradutor ao galego de obras clásicas como o Quixote, O Lazariño de Tormes, a Vida do Buscón don Pablos, a Ilíada, a Odisea e un longo etc., o Ateneo Ferrolán tenciona demostrar, cando a celebración do Día das Letras Galegas está aínda recente, que o idioma galego pode e debe ser de todos. 

O xeneral Beceiro Amado fixo a Guerra Civil co bando nacional, o que non lle impediu sentir o galego como lingua proia. A normalización lingüística acadarase cando desaparezan os prexuízos que aínda hoxe nos moven a identificar o idioma de todos cunha parte da poboación.

O vídeo sobre o xeneral Beceiro é un excelente argumento para promover o debate.  

«Hoxe é un día grande para a Academia. Esta é a primeira tradución que se fixo ao galego do Quixote e está aquí». Isto dicía o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, amosando os libros que acababa de doar Juan Luis Beceiro García. O donante é fillo do xeneral Juan Beceiro Amado (Ferrol, 1909-Madrid, 1990), que databa o 25 de xaneiro de 1972 o remate desta tradución. Alonso Montero lembrou que Carré Alvarellos «fixo a tradución de dous capítulos» da obra de Cervantes, «pero esta é a primeira da obra completa».


0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails