A editora da obra é “Galaxia” e preséntase en Ferrol baixo o patrocinio do Ateneo e do Club de Prensa: convén lembrar que Xavier Alcalá foi e é un colaborador axiduo na prensa.
Presentación novela de Xavier Alcalá "The making of". Luns día 1 de outubro ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 28.9.18
Presentación da novela de Xavier Alcalá "The making of"
Luns día 1 de outubro ás 19,30 h. no #Ateneo
O vindeiro luns día 1 de outubro ás 19, 30 horas vai ter lugar no Ateneo
de Ferrol a presentación da novela de Xavier Alcalá “Making of”, unha
nova achega deste prolífero escritor que
xa ten editadas obras consideradas clásicos contemporáneos coma por
exemplo “A Nosa Cinza”.
Nesta ocasión Alcalá introdúcenos nunha novela
na que aparece un proceso de investigación co gallo de aclarar unha
morte na Patagonia e as vicisitudes dun emigrante que fracasa na súa
arela, amosando unha situación que na emigración galega na Arxentina foi
relativamente frecuente: un fracaso que leva ao seu protagonista a se
meter de cheo en todo tipo de violencias e negocios clandestinos.
A editora da obra é “Galaxia” e preséntase en Ferrol baixo o patrocinio do Ateneo e do Club de Prensa: convén lembrar que Xavier Alcalá foi e é un colaborador axiduo na prensa.
A editora da obra é “Galaxia” e preséntase en Ferrol baixo o patrocinio do Ateneo e do Club de Prensa: convén lembrar que Xavier Alcalá foi e é un colaborador axiduo na prensa.
Esperamos contar convosco.
Etiquetas: Actividades, Club de Prensa, Libros, Lingua
Proxección "Mali Blues". Venres 28 de setembro ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 27.9.18
Proxección "Mali Blues"
Venres día 28 de setembro ás 20 h. no Ateneo
Organiza: Sons Revela2
Entrada libre
Mali Blues
Director Lutz Gregor
Germany / 94 min. / 2016 / Bambara, Arabic, French
Como cantar nun país sen canto. Mali, berce do blues do deserto, ve como os yihadistas vetan a música “ impura”. Ardua faena, acalar o son dos homes: os músicos resístense a pechar a boca e elevan a súa voz; pola harmonía, polo país, pola música. Mali Blues móstranos a diversos músicos analizando o exilio, a conciliación ou a ruptura. Todos eles son bardos do infortunio, versificado con gozo e esperanza. E algunha guitarra eléctrica. Pero non todos ven a situación do mesmo xeito. Fatoumata Diawara e Ahmed Ag Kaedi comparten o seu queixume, discuten temas de xénero (a terrible ablación), insisten en que “a música non ten nada que ver con Deus” e admiten non recoñecer ao seu propio país. Master Soumy, co seu combativo rap maliano, enfróntase de maneira directa á prohibición. Bassekou Kouyaté, doutra banda, representante dos griots (músicos que acougan á poboación coa súa arte) avoga polo pragmatismo e o perdón: “non podemos alimentar o odio se queremos vivir da nosa música”.
Pero todos comparten a mesma meta: unir ás 300 etnias do país na paz.
Etiquetas: Actividades, Debates, Documentais, Proxeccións
Presentación do libro: "Empantanados". Mércores 26 setembro ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 25.9.18Presentación do libro: "Empantanados"
Participan o autor Joan Coscubiela, Víctor Ledo e Jorge Suárez
Presenta Lorena Bustabad.
Mércores 26 de setembro ás 19,30 h. no #Ateneo
Etiquetas: Actividades, Historia, Libros, Politica
Presentación do libro "Mi patria es la gente". Mércores 19 ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 17.9.18
Mércores día 19 de setembro ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán
Presentación do libro que leva
por título MI PATRIA ES LA GENTE polo seu autor JULIO RODRÍGUEZ. Neste
contexto terá lugar tamén a presentación do nº 42 de Fuco Buxán A
Revista.
Entrada libre.
Entrada libre.
Etiquetas: Actividades, Cultura, Debates, Libros, Presentacións
Etiquetas: Novas
Boletín Novidades da nosa Biblioteca-Hemeroteca. Xullo - Agosto 2018
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 6.9.18Etiquetas: Biblioteca-Hemeroteca
Exposición Ilustracións "Mulleres e poesía" de Alicia Louzao. Ate o 30 de setembro 2018
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 3.9.18
Exposición Ilustracións
"Mulleres e poesía" de Alicia Louzao
Do 22 de agosto ao 30 de setembro
Inauguración o mércores día 22 de agosto ás 13 h. na sala exposicións do #Ateneo
"Fadas de cidade" é un proxecto da ferrolá Alicia Louzao onde reúne ilustracións realizadas a carboncillo e acuarela e que se basean en heroínas da literatura.
Evento no noso facebook: https://www.facebook.com/events/239464226761523/
Etiquetas: Actividades, Artes, Artes Plásticas, Exposicións, Muller