Os días 8 e 9 de novembro de 2009 no Teatro Jofre de Ferrol realizarase finalmente o XIX CONCURSO INTERNACIONAL DE GAITA GALEGA "CONSTANTINO BELLÓN", o certame que foi suspendido en agosto ante a retirada dalgúns dos apoios económicos que viña recibindo, finalmente celebrarase en novembro ao obter o apoio da Deputación da Coruña e do Concello de Ferrol.
O día 8 poñeranse en escena as obras gañadoras de COMPOSICIÓN
O día 9 acollerase a FINAL dos GAITEIROS SOLISTAS.
Axuntamos ACTAS coa relación dos gañadores e finalistas para esta 19ª edición.
Acta de Composición.
Acta de Gaiteiros Solistas.
Final da 19º Edición do Constantino Bellón
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 29.10.09Etiquetas: Constantino Bellón, Novas
0 comentarios :
Publicar un comentario