Exposición de Pinturas de PALOMA JAÉN
Do 7 ao 31 de marzo de 2014
Sala de Exposicións "Emiliano Balás y Silva" do Ateneo Ferrolán
Inauguración o venres día 7 de marzo ás 20 h.
Entrada libre
Etiquetas: Actividades, Exposicións, Novas
Proxección curtametraxe “NAUFRAXIOS”. Venres día 28 ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 27.2.14
Proxección curtametraxe “NAUFRAXIOS”
Venres día 28 de febreiro ás 20 h.
no salón de actos do Ateneo Ferrolán
Entrada libre
Rodado case integramente en Sillobre, concello de
Fene, e con 20 minutos de duración, "Naufraxios" é unha
curtametraxe realizada integramente por un grupo de alumnos do curso de
acceso 2012-13 da Escola de Actrices e Actores de Narón.
Escrito e dirixido por Ángel Ferreira, compositor
tamén da banda sonora, conta ademais na dirección con Mar García e Miguel
Castro, e producido por EmecE Audiovisual.
Está protagonizado por Fran Muíño e Ana Queipo, participan
tamén Alba Lamas, Adelaida Abad, Mar García, Víctor Fernández, Benigno Suárez,
Cris Pitín, Julia Rodríguez e Lola Sanmartín.
Argumento:
Íñigo Sandoval, antaño poeta de certo renome, atravesa unha etapa de
esterilidade creativa. Malvive somerxido na noite e o alcohol intentando
escribir versos que non atopa, ata que entra na súa vida Dafne, unha misteriosa
moza que espertará de novo inspiración. Con ela planea publicar unha obra conxunta,
pero Dafne prefire voar pola súa conta.
Etiquetas: Proxeccións, Xornadas
Presentación: Grupo Surrealista Galego. Poesía visual "Xalundes"
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 25.2.14
Xoves
día 27 de febreiro ás 19,30 h. no salón de actos do Ateneo
Ferrolán haberá a presentación do:
Grupo
Surrealista Galego
onde
varios compañeiros, entre eles, Xoan Abeleira, poeta e membro deste
grupo nos presentarán o poema visual "Xalundes"
e nos falarán das súas actividades.
http://gruposurrealistagalego.blogaliza.org
O Grupo Surrealista
Galego é, irrazoable e irrefreable mente, nada máis [pero moito
máis] ca un grupo de creadoras e creadores galegos, cunha única
premisa, polo de agora: abrirse a todos aquiles individuos e
colectivos que vexan na palabra "surrealista" un espírito
aínda vivo e transformador, e non, como quere facernos crer o
sistema capitalista, un sinónimo do seu absurdo. Non queremos ser
"dogmáticos" mais tampouco traidores. Por iso estamos
dispost@s a aceptar e pendurar todas aquelas creacións, de calquera
tipo, leais ó que amamos pero ningunha que deturpe aquilo que di
amar. Polo demais, como non somos nin parvos nin ilusos senón
temible mente lúcidos, sabemos, abofé, que no tocante ó
Surrealismo ninguén pode aspirar a nada agás a devir algún día
surrealista.
Etiquetas: Actividades, Conferencias, Novas, Poesía, Presentacións
Charla: "A base popular do independentismo catalán"
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 22.2.14
O luns día 24 de febreiro ás
19,30 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán haberá unha charla
sobre "A base popular do independentismo catalán"
impartida polo sociólogo catalán
Josep María Rosello.
Entrada libre.
Etiquetas: Actividades, Conferencias, Estatutos
Conmemoración 78 aniversario da victoria electoral do Frente Popular
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 17.2.14
Conmemoración 78 aniversario da victoria electoral do Frente Popular
O venres día 21 de febreiro ás 19,30 h. no salón de actos do
Ateneo Ferrolán haberá a proxección do documental:
"A victoria do Frente Popular e a conspiración contra a república"
presentado por: Eliseo Fernández e Bernardo Máiz
Entrada libre
Etiquetas: Actividades, Conferencias, Proxeccións
Presentación do Documental: "ARDE MADRID". Mércores día 12 ás 19,30.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 7.2.14
O mércores día 12
de febreiro ás 19,30 h. terá lugar no salón de actos do Ateneo Ferrolán a Presentación do Documental:
“ARDE MADRID”
Contaremos coa presenza do seu autor Antón Caeiro.
SINOPSE
Historia da vida vivida por uns nenos durante o asedio a unha cidade por espazo de tres anos: Madrid durante a guerra civil.
Historia da vida vivida por uns nenos durante o asedio a unha cidade por espazo de tres anos: Madrid durante a guerra civil.
Historia
dunha infancia perdida no medio de rescaldos, fame e sangue.
http://www.dailymotion.com/
http://elpais.com/diario/2011/
Etiquetas: Proxeccións
Sesión Vermú o sábado día 15 de febreiro ás 12 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 3.2.14
O sábado día 15 de febreiro a partir das 12 da mañá haberá unha
Sesión Vermú con música en directo de La Mandanga ,
bon ambiente, petiscos e como non .... vermú.
En apoio ao Ateneo Ferrolán patrimonio da cidade.
Vos esperamos a tod@s. Entrada de balde.
Etiquetas: Actividades, Novas, Sesión Vermú
CLUB DE LECTURA "El Tragaluz" unha obra de teatro de Antonio Buero Vallejo,
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 3.2.14
CLUB DE LECTURA. O martes día 4 de febreiro ás 19,30 h.
Estamos a ler "El Tragaluz" unha obra de teatro de Antonio Buero Vallejo, estreada no Teatro Belas Artes de Madrid o 7 de outubro de 1967.
Argumento
A obra céntrase nas relacións entre dous irmáns, Vicente e Mario, separados tras a Guerra civil e que pasados os anos, sitúan o primeiro nunha boa posición social e o segundo vivindo nunha situación mísera, co pai alleado e a nai infeliz. O interese de ambos os dous irmáns por Encarna (a secretaria que mantén unha relación con Vicente, aínda que o seu amor sexa para Mario) encrespará aínda máis a trama.
A obra céntrase nas relacións entre dous irmáns, Vicente e Mario, separados tras a Guerra civil e que pasados os anos, sitúan o primeiro nunha boa posición social e o segundo vivindo nunha situación mísera, co pai alleado e a nai infeliz. O interese de ambos os dous irmáns por Encarna (a secretaria que mantén unha relación con Vicente, aínda que o seu amor sexa para Mario) encrespará aínda máis a trama.
Dende o ano 2002 que formamos no Ateneo Ferrolán o noso CLUB DE LECTURA,
segue levándose a cabo Todos
os primeiros MARTES DE CADA MES.
Encontros
coa LECTURA onde xúntanse 20 socios e socias todos os primeiros martes de cada
mes para reflexionar e comentar un libro guiados pola profesora ANXELES SEOANE.
Etiquetas: Actividades, Biblioteca-Hemeroteca, Club de lectura
Exposición Fotográfica de Ana Gil: "Brumas e Espectros"
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 1.2.14
Exposición Fotográfica de Ana Gil
"Brumas e Espectros"
Do 5 ao 28 de febreiro
Ana Gil (Ourense, 1973), Doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo
http://anagilcallejon73.blogspot.com.es/
Etiquetas: Actividades, Album de Fotos, Certame Fotográfico, Exposicións, Novas