Gilda Roa, Nina Holland e An Maeyens estarán na Galiza entre os días 4 e 6 de Xuño convidadas pola Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos (alianza formada por Amarante, SLG, Verdegaia e VSF); na charla que se celebra en Ferrol, colabora a Mesa de Agrocombustibeis de Ferrol, integrada pola Sociedade Galega de Historia Natural, ADEGA, Cooperativa "A Xoaniña" e personas a título individual.
O contido centrarase en falar sobre as consecuencias ambientais e sociais dos monocultivos de soia no Paraguai. A soia transxénica cultivada no Paraguai é exportada a Europa co obxecto de elaborar agrocombustíbeis e pensos para gandaría industrial.
As charlas serán acompañadas de proxeccións de curtametraxes nas que se recolle a situación que vive o rural paraguaio.
- Gilda Roa fai parte da Dirección Nacional do MAP (Movimiento Agrario y Popular), organización paraguaia que traballa na defensa das comunidades labregas que moran na fronteira agrícola da soia transxénica.
- Nina Holland é investigadora do CEO (Corporate Europe Observatory), organización con base en Amsterdam dedicada á investigación e realización de campañas sobre as ameazas á democracia, equidade, xustiza social e ambiente por parte das empresas e os seus lobbies. Un dos ámbitos de investigación de Nina Holland é o da política europea sobre agrocombustíbeis.
- An Maeyens é antropóloga e membro da rede A SEED Europe (Action for Solidarity, Environment, Equality and Diversity) con sede en Amsterdam. An Maeyens ten estudado a situación das poboacións labregas paraguaias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario