Este martes 25 de Novembro temos unha cita coa Marcha Mundial das Mulleres nunha praza algo descoñecida para a cidadanía desta comarca, a Praza 8 de Marzo de Ferrol, que se atopa entre as rúas Rubalcava e Almendra, perto do bairro de Canido.
O Ateneo Ferrolán, súmase á convocatoria que a Marcha Mundial das Mulheres realiza con unha concentración às 8 da tarde baixo o lema "Sementando un futuro sem violencia machista", onde ademais da leitura do comunicado, farase un desenterramento simbólico dos valores do patriarcado que son as raíces da violencia machista, para sementar no seu lugar os valores da Paz, da Xustiza, da Liberdade, da Solidariedade e da Igualdade, valores cos que se ten que construir unha sociedade libre de violencia machista.
Neste acto repartiranse sementes simbolicamente relacionadas con estes valores.
O Ateneo Ferrolán súmase á convocatoria da Marcha Mundial das Mulleres para o 25 de Novembro
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 25.11.08Etiquetas: Novas
Presentación no Ateneo do FSG (Foro Social Galego)
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 24.11.08O Venres día 28 de Novembro, ás 20:00 horas, terá lugar no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán, unha presentación do FSG (Foro Social Galego).
A inauguración do Foro Social Galego, será o venres 5 de Decembro, ás 18:30 horas, no Auditorio de Galiza (Sala Mozart). Santiago de Compostela.
Etiquetas: Conferencias
"O VIH/Sida dende diferentes perspectivas"
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 24.11.08O Sábado día 29 ás 11 horas no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán, falarase da enfermidade dende diferentes perspectivas, dentro das Xornadas de Sensibilización sobre VIH/Sida que organiza a Asociación Lazos-Comité Antisida de Ferrol xunto ca Escola de Enfermería.
Baixo o lema deste ano "Ante a VIH, a túa actitude marca a diferencia", o encontro -que se desenvolverá entre o 28 de novembro e o 1 de decembro- servirá para dar a coñecer algunhas das últimas novidades no tratamento e prevención da enfermidade.
Sábado 29 no Ateneo Ferrolán:
- 11:30 a 12:00: Comunicación."Situación dás persoas con discapacidade".
Isabel Lodeiro. Activista e autora de diversos artigos sobre esta temática. - 12:30 a 12:45: Presentación.
- 12:45 a 13:15: Lectura do manifesto día 1 de decembro.
Situación actual dúas seropositivos/as "Temos présa". - 13:15 a 13:45: Entrega do primeiro e segundo premio do segundo certame de relatos curtos sobre VIH.
- 13:45: Clausura dás IIª Xornadas de Sensibilización sobre VIH "Ante o VIH, a túa actitude marca a diferenza".
Etiquetas: Conferencias
- 100 Butacas [acolchadas e fixas].
- Tarima de 6m x 2,40m.
- Proxector de video.
- Pantalla de proxección de 4m x 2m.
- 2 Bafles B-215 Eurolive de 800W.
- 2 Monitores B-215 Eurolive de 800W.
- 3 Micrófonos Dinamicos SHURE.
- 3 Pés de micro.
- 1 Rack Amplificador EUROPOWER PMP1280S. 1200 wat. 10 chanel powered mixer with dual multi-fx. Processor and FBQ.
De estar interesado/a , pregámoste te poñas en contacto con nós:
- E-mail: secretaria@ateneoferrolan.org
- Telf.: +34 981 357 970
- Fax: 981 354 098
- Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º.
CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Etiquetas: Música en Directo
De estar interesado/a, pregámoste te poñas en contacto con nós:
- E-mail: secretaria@ateneoferrolan.org
- Telf.: +34 981 357 970
- Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204
- CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Etiquetas: Música en Directo
Norge Batista, en concerto no Ateneo Ferrolán
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 18.11.08
Ateneo Ferrolán, Sábado 29 de Novembro ás 2o,30 h.
ENTRADA:
Público: 5 €
Socios e Socias do Ateneo: 3 €
Norge Batista, o cabaleiro da trova, naceu nas Tunas, provincia situada no oriente de Cuba, no ano 1969. Desde os 13 anos de idade, xa se atopaba vinculado ao mundo da música e ao facer artístico de Cuba.
No ano 1988 pasa a ser membro da Asociación Irmáns Saiz (AHS), proxecto que agrupa e fai coñecer ás novas promesas da cultura e artes cubanas.
No ano 1998 ten a honra de converterse en membro da asociación máis importante na historia das artes e a cultura cubana, a Unión Nacional de Escritores e Artistas de Cuba (UNEAC), sendo tamén membro da Sociedade Cultural "José Martí".
Ata hoxe ten 2 discos editados polo selo AYVA MUSICA, "Búscame Adentro" baixo a produción de Eduardo Ramos, baixista e director musical do grupo de Pablo Milanés, e "Algo Crece" cuxa produción musical estivo a cargo do recoñecido compositor José Aquiles. O consolidar o primeiro éxito que lle trouxo o seu primeiro álbum, a fidelidade daqueles seguidores das súas cancións e as letras que se identifican coa súa obra e atopan nela a paixón pola "canción intelixente" e a excelencia na interpretación musical.
Na actualidade está pendente de editar o seu terceiro disco. Compartiu escenario cos grandes trobadores cubanos como Vicente Feliú, Frank Delgado, Raúl Torres, Elíades Ochoa ou con outros cantautores como Ismael Serrano, Rafael Amor ou Quintín Cabrera. Percorreu importantes escenarios de España, Portugal, Suíza ou Bélxica, ademais dos máis importantes do seu país.
Etiquetas: Música en Directo, Novas
Xornadas "Economía social, alternativa ao capitalismo"
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 17.11.08Lugar: Ateneo Ferrolán, Rúa Magdalena 202-204.
Hora: 19:00hs.
Organiza: A Xoaniña S. Coop. Galega.
Colabora: Consellería de Traballo. Xunta de Galicia.
A Cooperativa Xoaniña, organiza unhas xornadas no Ateneo Ferrolán co obxectivo de que sirvan para que as persoas de Ferrolterra –e moi especialmente os socios e socias da Xoaniña– poidan achegarse ao que representa a Economía Social (1º día); que sirva tamén para coñecer outras iniciativas galegas similares á nosa (2º día); e por último presentaremos os proxectos actuais da cooperativa para o debate interno e a aportación de ideas (3º día).
Mércores 19.- Emprego en tempos de crise.
- Participan: UGACOTA (Unión Galega de Cooperativas de Traballo Asociado) BRIANTE, Asociación para a Economía Social (Narón)
- Fórmulas cooperativas para todo tipo de proxectos.
- Participan: ÁRBORE, Cooperativa de Consumo Consciente (Vigo) EIRADO, Cooperativa de Consumidores Responsables (Compostela)
- Presentación das iniciativas e da Rede Galega de Consumo Responsable.
- Participan: A XOANIÑA, Cooperativa de Consumo Responsable (Ferrol)
- Presente e futuro da Xoaniña, debate e presentación de proxectos.
Exposicion de pinturas de Rosa Fernández Salanova, “Natura – Universo”
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 13.11.08Rosa Fernández Salanova, nace en Barallobre, Fene (A Coruña), e actualmente reside en Ferrol .
Comeza a súa formación artística no ano 89 co pintor Ricardo Segura Torrella, estudando pintura, debuxo e técnicas mixtas durante varios anos.
A súa pintura móvese entre a figuración subxectiva e a abstracción.
Dentro da figuración, hai un claro predominio dos mundos da fantasía, é unha pintura con contido lírico, baseada na espiritualidade e na poesía, pois se proxecta desde o interior cara ao mundo real.
Dentro da abstracción procura unha linguaxe visual experimentando con distintos materiais, onde o predominio das formas non concretas e a cor leven a unha reflexión interna sobre a vida e o universo.
http://rosafernandezsalanova.blogspot.com
Etiquetas: Exposicións, Novas
Definir o universo de Silvia Penide non é sinxelo: hai quen se decanta pola Silvia cantautora, outros se atreven a chamala solista pop, e hai quen ata di que pasea a metade de camiño entre o experimental e o electrónico. Pero o certo é que a súa proposta se basa na sinceridade [dunhas letras que son parte de si], na proximidade [dunha velada íntima], na inmediatez [de escoitala a metro e medio], e na dozura ..... unha experiencia que merece a pena atreverse a descubrir.
Cos seus dous traballos discográficos anteriores, Kilómetros e Invisible (Falcatruada 03/05), Silvia Penide xa deixou sobradas mostras da forza das súas cancións. Algúns temas, como é o caso de Mi Cielo, convertéronse en clásicos de programas da radiofórmula como La Gramola, e con eles conseguiu fidelizar a toda unha lexión de fans que se agrupan ao redor do seu foro en Internet. Agora, a cantante coruñesa volve cun repertorio máis maduro debaixo do brazo, cunha voz moito máis matizada, coidados arranxos e unha forza emocional que logra cotas de intensidade nunca ata o momento desatadas.
Desafinante Crónica foi gravado nos estudos Abrigueiro de Lugo coa produción de Arturo Vaqueiro e a colaboración dun bo grupo de músicos galegos. Desafinante Crónica é un repertorio de once temas dos que sorprende a forza de Reventaba ou Grandegigante, aínda que tamén atopamos a habitual inspiración e o calado de temas máis naïf como Tengo una casa, Como el aire o como el viento ou Tan Fuertes. Ademais de ser o disco máis elaborado, é tamén “co que máis profundo mergúllome no meu propio universo”, segundo afirma a propia Silvia.
ATENEO FERROLÁN venres 14 de novembro ás 21:00hs.
ENTRADA:
- Público 8€
- Socios e Socias do Ateneo 6€
Etiquetas: Música en Directo, Novas
Novas Bases e Partitura para o 19º Concurso de Gaita Galega Constantino Bellón
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 10.11.08Xá están disponibles as novas bases e a partitura obrigada para a 19 edición do Concurso de Gaita Galega "Constantino Bellón", que se celebrará o 30 e 31 de Agosto de 2009.
Novas Bases
Bases.pdf
Partitura en Pdf
Partitura.pdf
Partitura en Encore
Partitura.enc
Etiquetas: Constantino Bellón, Novas
O Colectivo Opaii e o Ateneo Ferrolán, organizan unha nova Session Vermú
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 5.11.08Rádio Filispim, vén de principiar a súa cuarta tempada radiofónica nas ondas da comarca e co fin de apresentar a nova grella, o "Colectivo Opaíí!" organiza, en colaboración co Ateneo Ferrolán, unha nova sesión Vermú.
No transcurso da mesma, os radialistas da "Filispina" apresentarán as diversas propostas radiofónicas que acolle a nova tempada filispiniana.
Ademáis haberá pinchos para todas e todos os asistentes, que poderán acompañar cun estupendo vermú.
Como toda sesión vermú que se preze haberá música en directo da man da formación folk Alén de Ancos. ( http://myspace.com/alendeancos )
A Sesión Vermú, será retransmitida en directo por Rádio FilispiM, no 93.9 da FM, nun programa radial que se desenvolverá desde as 12:00 do mediodía até as 15:00 da tarde, polo que os/as asistentes poderán ver como se realiza un programa radiofónico en rigoroso directo, dende o set de radio que instalará a "Filispina".
A entrada á actividade é de balde.
Escoita a Cunha!!
Etiquetas: Actividades, Novas, Sesión Vermú
Exposición "O Exilio Galego en Venezuela"
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 4.11.08Venezuela ocupou un notábel lugar como país de acollida de exilados galegos que fuxían da represión franquista, entre eles Xosé Velo Mosquera, Manuel Otero Castelao, Xosé Sesto ou Xoán Noia. Mesmo rompeu relacións diplomáticas co goberno de Franco, recoñecendo ás autoridades da República como único goberno español lexítimo entre 1945 e 1948.
A exposición está organizada por Xurxo Martínez Crespo, coordinador da edición Venezuela do xornal dixital Vieiros, e consta de vinte paneis fotográficos editados por Fesga (Fundación para o Estudo da Cuestión Social e Sindical de Galiza).
A exposición “O Exilio Galego en Venezuela”, estará na primeira planta da sala de exposicións do Ateneo Ferrolán, do 6 ao 15 de novembro.
Etiquetas: Exposicións
Presentación do libro de Mª José Mosquera Becerro "SEX" Los Babilonios
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 4.11.08O próximo venres día 7 de novembro ás 19 horas Presentación do libro de Mª José Mosquera Becerro "SEX" "Los Babilonios" no Ateneo Ferrolán.
Presentarase o segundo tomo da colección "Historias del Arte", un proxecto que nace desde a evidencia da necesidade de producir cómics cun contido educativo para un público infantil sen perder de vista a capacidade de aproveitar este particular medio de expresión.
A colección "Historias del Arte" tratará as diversas épocas da creación artística humana, inicia a súa traxectoria na prehistoria, seguida polo descubrimento de nocións creativas na Idade Mesopotámica, do Yucatán, etc.
O tratamento, ademais de ofrecer contidos artísticos, dará a oportunidade ao público infantil de entender a diversidade e a riqueza da produción plástica independentemente dos continentes, as razas ou as linguas.
Os cómics desta colección están editados pola Editorial Saure: www.ed-saure.com
SEX, Humorista Gráfica: Humordesese.com
Etiquetas: Novas, Presentacións
XXI Xornadas da Gaita no Ateneo Ferrolán
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 3.11.08O Ateneo Ferrolán dentro das súas actividades de promoción da música galega ven propiciando e celebrando, case continuo, tódolos anos (dende hai 20 anos) unhas Xornadas de Gaita, como un lugar de encontro para grupos ou xentes que utilizan a gaita como un dos instrumentos básicos nas súas actuacións e composicións.
Unha das súas características específicas é a participación de grupos de música folk galega, xunto con algún autor ou grupo invitado de fora de Galicia pero, que teñan tamén na súa estrutura de acompañamento a gaita como un elemento indispensable, servindo así de contraste e comparación da nosa música coa doutras culturas e músicas afíns.
As XXI Xornadas da Gaita serán os días 19 e 20 de decembro no Ateneo Ferrolán ás 20,30 h.
Banda de Gaitas "Agarimo" (Ferrol)
Entre outros e durante vinte anos pasaron polo Ateneo Ferrolán:
Iván Costa, Baila na Criba, Carlos Zaera e Oscar Ibañez, Jean Cristophe Maillard, Raparigos, Xeremiers de Calatraba, Grupo Universidade Popular de Vigo, Fuxan Os Ventos, La Musgaña, Alfolies, John & Frances, Carlos Núñez, David Spillane & Band, Anxo Pintos, Dúo Bertrand, Patric Molard, Milladoiro, Pec-Toni, José Ferreirós, Marie Le Cam (Gaiteira Solista Bretona de Gaita Escocesa), Grupo Folk "Veria", Trío "3 das Cóxegas" e Luvas Verdes.
Etiquetas: Actividades, Novas, Xornadas da Gaita