Cos seus dous traballos discográficos anteriores, Kilómetros e Invisible (Falcatruada 03/05), Silvia Penide xa deixou sobradas mostras da forza das súas cancións. Algúns temas, como é o caso de Mi Cielo, convertéronse en clásicos de programas da radiofórmula como La Gramola, e con eles conseguiu fidelizar a toda unha lexión de fans que se agrupan ao redor do seu foro en Internet. Agora, a cantante coruñesa volve cun repertorio máis maduro debaixo do brazo, cunha voz moito máis matizada, coidados arranxos e unha forza emocional que logra cotas de intensidade nunca ata o momento desatadas.
Desafinante Crónica foi gravado nos estudos Abrigueiro de Lugo coa produción de Arturo Vaqueiro e a colaboración dun bo grupo de músicos galegos. Desafinante Crónica é un repertorio de once temas dos que sorprende a forza de Reventaba ou Grandegigante, aínda que tamén atopamos a habitual inspiración e o calado de temas máis naïf como Tengo una casa, Como el aire o como el viento ou Tan Fuertes. Ademais de ser o disco máis elaborado, é tamén “co que máis profundo mergúllome no meu propio universo”, segundo afirma a propia Silvia.
ATENEO FERROLÁN venres 14 de novembro ás 21:00hs.
ENTRADA:
- Público 8€
- Socios e Socias do Ateneo 6€
Ningún comentario:
Publicar un comentario